4 de mayo de 2026
As actuacións melloran a mobilidade do barrio e inclúen un novo parque de calistenia, xa rematado
O Concello completou a urbanización da Fonte de Santo Amaro, un polígono residencial que completa a estrutura urbana da cidade nese punto achega novas rúas, espazos verdes, miradoiro, estacionamento e unha nova zona para a práctica da calistenia. O polígono, que achegará 260 novas vivendas á cidade, conta cunha extensión de 15.781 m2.
"Con esta actuación gañamos un espazo urbano de calidade en lugar dos soares que durante décadas houbo alí. Hoxe temos un novo viario público que mellora as comunicacioóns en todo o barrio e achega estacionamento nunha zona deficitaria", subliñou a alcaldesa, Inés Rey, que hoxe visitou a zona acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación en Vivenda, Francisco Díaz.
O proxecto inclúe a apertura das rúas Santo Amaro, San Pedro e Fonte de Santo Amaro dando continuidade a todas mediante un novo vial perimetral que comunica de novo con Orillamar, así como novas zonas verdes tanto na contorna do cemiterio, como na contorna da Torrente Ballester e na zona situada entre a rúa Regata Cutty Shark e a praia de Santo Amaro. O novo viario achega un total de 68 novas prazas de estacionamento, das que 4 son adaptadas para persoas con mobilidade reducida.
O custo total achégase aos 1,6 millóns de euros. A actuación supuxo melloras que van dende a mobilidade ata as zonas de ocio e a revexetación. No que se refire á accesibilidade, vai permitir a conexión entre o paseo marítimo e as rúas Santo Amaro e San Pedro mediante ramplas accesibles. Tamén se vai mellorar a conexión entre o Paseo Marítimo e o Club do Mar e a praia de Santo Amaro. Ademais, plantáronse 56 árbores (metrosidero, betula albela e acer) e 6.000 metros cadrados de zona de céspede. Así mesmo, habilitaranse 35 novos bancos e unha nova zona infantil.
"A finalización deste polígono, que nos vindeiros días abrirá ao tránsito, súmase a outros desenvolvementos urbanos relevantes que están en marcha, como Visma, que lle achegan á cidade novos espazos públicos e zonas verdes de calidade", engadiu Rey.

22 de abril de 2026

8 de abril de 2026

5 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible