26 de abril de 2026
Os traballos buscan reverdecer un punto que pola súa situación require dunha vexetación especialmente resistente á falta de auga
O Concello está a rexenerar a zona verde ubicada sobre o túnel dos Castros, un espazo situado entre o Miradoiro e a avenida de Oza que, polas súas carecterísticas e ubicación, require dun tratamento especial. A zona, moi exposta ao vento e condicionada pola escasez de terra por ubicarse sobre o túnel, será completamente reformada. O proxecto levará ao lugar unha revexetación e cambiará as especies actualmente existentes -que presentaban problemas pola imposibilidade de habilitar un sistema de rega neste punto-e serán substituídas por outras de máis fácil adaptación e máis resistentes á falta de auga, destancando entre os novos exemplares distintas variedades de aloe.
O investimento neste novo xardín supera os 18.000 € e as especies que chegarán ao emprazamento serán as seguintes:
3 Agave attenuata
3 Aloe safari
3 Aloe perfoliata
3 Aloe x spinosissima
3 Hesperaloe parviflora
5 Aeonium arboreum
3 Mangave "Silver Fox"
3 Aloe aristata
Dado os condicionantes da zona, optouse pola creación dun xardín xerófilo -con especies adaptadas ás condicións de escaseza de auga en determinadas épocas do ano- sen que iso represente unha diminución na súa función ornamental.
"Desde o Goberno de Inés Rey seguimos adiante coa misión de mellorar os espazos verdes de todos os recunchos da cidade, grandes e pequenos. E iso non se consegue só coa repoboación; tamén hai que estudar detidamente que especies se adaptan mellor a cada espazo", subliñou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, quen recordou que precisamente o Concello xa remodelara e mellorara o limítrofe xardín do Miradoiro dos Castros no pasado mandato.

22 de abril de 2026

8 de abril de 2026

20 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible