Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

23 de octubre de 2023

A intervención, que supuxo un investimento superior a 800.000 euros, cofinanciouse un 80% con fondos FEDER, a través do plan de rexeneración urbana EidusCoruña

O Concello completa os traballos de humanización na rúa Severo Ochoa, en Agrela, onde se crearon áreas verdes e un novo treito de carril bici

Reurbanizáronse case 15.000 metros cadrados de superficie, co obxectivo de mellorar a accesibilidade xeral da rúa. Ampliáronse as beirarrúas e renováronse as paradas de autobús

A alcaldesa, Inés Rey, visitou esta mañá o polígono de Agrela, onde xa se completaron os traballos de humanización promovidos polo Concello na rúa Severo Ochoa, unha das principais arterias de circulación do parque empresarial.

As obras supuxeron un investimento de 833.720,53 euros, partida orzamentaria cofinanciada nun 80% con fondos FEDER ao abeiro da estratexia de rexeneración urbana EidusCoruña. O obxectivo xeral da intervención foi a mellora ambiental de toda a zona, a través de diversas accións orientadas á creación de espazos verdes e a mellora da mobilidade.

As obras leváronse a cabo sobre unha superficie de case 15.000 metros cadrados, no treito de Severo Ochoa comprendido entre os cruzamentos coas rúas Galileo Galilei e Newton. "Renováronse o firme e as beirarrúas, mellorouse a accesibilidade ás paradas de autobús existentes, creáronse novas áreas verdes e plantouse arboredo na medianeira central da rúa", explicou Inés Rey.

Ademais, tamén se creou un novo treito de carril bici en dirección á rotonda coa rúa Newton, unha actuación que se enmarca na estratexia do Goberno de Inés Rey para impulsar a mobilidade sostible e promover os desprazamentos en transporte público ao parque empresarial. É preciso lembrar que, xa no pasado mes de abril, o Concello habilitou a primeira estación do servizo municipal BiciCoruña no polígono, unha base con 23 ancoradoiros situada na rúa Gútemberg, diante do centro de negocios de Agrela.

"Seguimos dando pasos para integrar Agrela na paisaxe urbana da cidade, facéndoa máis amable para as persoas que transitan polas rúas ou se desprazan aquí por ter no parque empresarial o seu posto de traballo. Por iso, apostamos por estender a rede de vías ciclables", subliñou hoxe a rexedora.

Ademais de Inés Rey, asistiron o concelleiro da Área de Economía e Planificación Urbana e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, e a concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas, Nereida Canosa.

Avanzan os traballos en Galileo Galilei

En paralelo á finalización das obras en Severo Ochoa, avanzan os traballos para a mellora dos percorridos peonís na rúa Galileo Galilei, onde o Concello iniciou a mediados de setembro unha intervención que tamén permitirá delimitar un novo espazo para o estacionamento de vehículos, aproveitando o acceso á calzada dunha pequena parcela que estaba sen urbanizar.

As rotondas entre a avenida de Fisterra e as rúas Gambrinus e Gútemberg

Nos vindeiros meses, o Goberno de Inés Rey ten previsto dar continuidade ao plan de melloras urbanísticas en Agrela coa construción de dúas novas rotondas entre a avenida de Fisterra e as rúas Gútemberg e Gambrinus, no perímetro exterior do polígono. Son dúas das 17 intervencións para as que o Concello acadou financiación europea a través da segunda convocatoria de fondos Next Generation, o pasado mes de abril.

A creación das novas rotondas na avenida de Fisterra responde ao compromiso asumido polo Goberno de Inés Rey para reordenar o circuíto de tráfico rodado entre O Ventorrillo, A Silva e o polígono de Agrela, concretamente en dous cruzamentos onde é necesario reforzar a seguridade viaria, os que conectan a avenida coas rúas Gútemberg e Gambrinus.

Neste sentido, entre a avenida de Fisterra e Gútemberg construirase unha nova rotonda de 29 metros de diámetro, con dous carrís de 4,5 metros cada un e unha beiravía de 0,5 metros. Haberá dous carrís de entrada e saída desde a avenida de Fisterra, mentres que cara a rúa Gútemberg haberá un en cada sentido. Esta intervención será practicamente idéntica á que se levará a cabo entre a avenida de Fisterra e Gambrinus, coa disposición dunha glorieta ideada cunhas dimensións moi similares.

Para construír as dúas novas rotondas, o Concello levará a cabo un investimento total de 785.000 euros -394.480 euros destinados á glorieta entre a avenida de Fisterra e Gútemberg; e 390.575 euros na que se substituirá o cruzamento coa rúa Gambrinus-. Unha vez que se adxudiquen, os traballos terán un prazo de execución de seis meses en ambos os casos.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión