Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de julio de 2026

O Concello concede 2,6 millóns de euros en máis de 2.600 bolsas comedor, o maior orzamento de todos os municipios galegos

O Concello da Coruña, malia non ter competencias en Educación, dedica ao ano para este programa case a mesma cantidade que a Xunta para toda Galicia

O Concello publicou onte as listaxes provisionais de concesións da convocatoria municipal de bolsas comedor para o curso escolar 2026/2027, que conta cun crédito dispoñible de 2.600.000 €, a maior dotación económica destinada a este programa nos últimos trece cursos escolares.

Todas as solicitudes que acadaron a puntuación mínima establecida nos criterios de prelación recollidos nas bases da convocatoria foron admitidas. Deste xeito, non será necesario acudir ao sorteo previsto no procedemento, xa que o crédito dispoñible permite atender todas as axudas con 10 ou máis puntos.

Do total do crédito reservado, 2.550.000 € estaban previstos inicialmente para a repartición das bolsas, mentres que outros 50.000 € quedan consignados para atender posibles alegacións e recursos. A estimación de gasto coas concesións provisionais ascende a aproximadamente 2.448.000 €, unha cifra que poderá variar en función das alegacións, recursos, cambios de centro ou outros axustes derivados da tramitación administrativa.

O Concello é un dos poucos de Galicia que ofrece este servizo de apoio á cidadanía, sendo ademais o que máis fondos destina a este fin. De feito, malia non ter competencias en Educación, o Concello destínalle ás bolsas case a mesma cantidade que ofrece a Xunta para todo o territorio galego (2,8 millóns) e que ademais só oferta desde este curso. Ademais, as bolsas municipais na Coruña cobren o custo do servizo en función dos niveis de renda, chegando ata os 980 euros ao ano por alumno, fronte aos 150 euros do pagamento único da Xunta. 

"O Concello actuará sempre para axudar aos que máis o precisan, e o que lamenta é ter que asumir unha vez máis competencias impropias para suplir a falta de apoio autonómico á educación pública, con instalacións nas que non inviste e sen servizos nos centros máis alá do profesorado", indicou a alcaldesa, Inés Rey, quen lembrou que o Concello non só paga bolsas comedor, senón tamén actividades extraescolares e mesmo obras ante a falta de actuacións da Consellería de Educación. 

"A Coruña é unha vez máis un exemplo no ámbito social, as nosas bolsas non só suplen as que non dá a Xunta nesta cidade, senón que multiplican por máis de seis o importe autonómico que ingresan as escasas familias que teñen acceso a elas", indicou Rey, que recordou que foi durante o último mandato cando se chegou ao récord de bolsas concedidas na cidade: "Non foi por casualidade nin por un incremento da demanda, senón porque os gobernos anteriores mantiñan uns requisitos para a concesión cuns niveis máximos de renda tan baixos que deixaban fóra a meirande parte das familias. Este Goberno mudou eses criterios para permitir que as bolsas chegaran a moitas máis familias, por iso o número de beneficiarios multiplican con cinco os que había entre os anos 2011 e 2015", explicou a alcaldesa. 

Rey sinalou que "calquera avance que contribúa a apoiar as familias é positivo", pero incidiu en que "a realidade demostra que os concellos, e este en particular, levamos anos asumindo con recursos propios unha parte moi importante das políticas de apoio ao comedor escolar, nun ámbito directamente vinculado á educación e a conciliación das familias".

Rey destacou tamén que "o Concello mantén un esforzo económico moi relevante para darlle resposta á demanda das familias e asegurar que os recursos cheguen a quen cumpre os requisitos da convocatoria". A alcaldesa incidiu en que "este ano todas as solicitudes que acadan a puntuación mínima poden ser atendidas sen necesidade de sorteo, o que permite atender o 100% das solicitudes que cumpren cos requisitos". A rexedora destacou que o Concello é o único en Galicia que ofrece un servizo semellante e que ademais atende o 100% das solicitudes.

O prazo de alegacións estará aberto desde este xoves 9 de xullo, ata o mércores 22 de xullo de 2026. A previsión municipal é publicar as listaxes definitivas entre a última semana de xullo e a primeira de agosto.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión