Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

27 de marzo de 2023

O órgano créase tras o compromiso da alcaldesa no pleno infantil realizado polo Día da Infancia

O Concello constitúe o Consello Local da Infancia para lles dar voz aos nenos e nenas da Coruña

Inés Rey: “Hoxe é un día moi emocionante para A Coruña no que dades un paso máis para formar parte activa do voso concello como cidadáns e cidadás de pleno dereito”

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde a consitución do Consello Local da Infancia (CLIAC) acompañada do concelleiro de Educación, Jesús Celemín. Trátase dun órgano participativo integrado por alumnado de quinto e sexto ano de primaria que lles permitirá aos/ás máis pequenos/as trasladarlle ao Goberno municipal as súas demandas e inquedanzas como cidadáns e cidadás da Coruña. "Hoxe é un día moi emocionante para o futuro e o presente da Coruña no que dades un paso máis para formar parte activa do voso concello como cidadáns e cidadás de pleno dereito" explicou a alcaldesa.

O órgano créase dando cumprimento ao acordo establecido pola alcaldesa no contexto do pleno infantil polo Día da Infancia no ano 2021, poñendo en marcha un instrumento educativo no que os nenos e as nenas da Coruña poidan ter voz propia. Estará activo ao longo do curso educativo e contará con sesións periódicas de formación para os rapaces e rapazas que participan no proxecto así como coas familias.

Na sesión constitutiva participaron 16 nenos e nenas dos colexios CPR Salesianos San Juan Bosco, Colexio Franciscanas Sagrado Corazón, Colexio plurilingüe Karbo e o Colexio Santo Domingo xunto cunha representante do profesorado e unha representante das familias. Tamén participou unha persoa representante de UNICEF, Universidade da Coruña e da Plataforma de Organización de entidades da Infancia de Galicia, entidades integradas no desenvolvemento do Consello. O CLIAC é unha iniciativa posta en marcha polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de fomentar a participación e o pensamento crítico nas idades máis temperás. A esta iniciativa súmanse outras como "Sementando Participación", programa educativo municipal no que participan diversos/as alumnos/as das escolas do termo municipal. "Hoxe é un día histórico para A Coruña e vós xa formades parte dese capítulo como protagonistas do primeiro Consello Municipal da Infancia da Coruña" concluíu Inés Rey.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión