20 de mayo de 2025
O quinto espazo da rede TEU poderá visitarse de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas no Centro Veciñal do Birloque (avda. de Glasgow, 5), con agasallos e actividades para a cativada
O Concello da Coruña celebrará este xoves, 22 de maio, unha xornada de portas abertas para presentar á cidadanía o novo TEU do Birloque, situado no recentemente inaugurado Centro Veciñal do barrio (avda. de Glasgow, 5). O equipamento permanecerá aberto ao público de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, cun programa que inclúe agasallos e actividades infantís para que as familias coñezan de primeira man as posibilidades do espazo.
O TEU do Birloque convértese no quinto local da rede municipal de espazos TEU -xunto ao Faro de Oza, os dous locais da rúa Ribeira Sacra en Novo Mesoiro e o TEU Azahar no barrio das Flores-, un servizo gratuíto que permite á veciñanza reservar locais para celebracións familiares, obradoiros, reunións ou actividades asociativas puntuais. O novo equipamento dispón dun aforo máximo de 30 persoas.
Desde o día seguinte á xornada de portas abertas, as reservas realizaranse a través da aplicación de cita previa (https://citaprevia.coruna.gal/) ou no teléfono de atención cidadá 010, que posibilita solicitar datas cun mínimo de 15 e un máximo de 60 días de antelación, evitando desprazamentos e axilizando o trámite. Para garantir o acceso de toda a veciñanza, cada persoa poderá facer uso destes espazos un día ao mes e até 12 días ao ano.
Os únicos requisitos para empregar o TEU son ser maior de idade e estar empadroado ou empadroada no Concello da Coruña. O servizo municipal de Participación Cidadá ofrece asistencia telefónica no 010 e atención presencial de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas, para resolver dúbidas sobre o procedemento de reserva.
Nereida Canosa, concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, subliña que "coa incorporación deste novo equipamento reforzamos a igualdade de oportunidades nos barrios, poñendo ao dispor da veciñanza un recurso versátil e de balde para celebrar, aprender e compartir". Tamén destacan que as melloras introducidas no sistema de xestión "fan máis sinxelo e transparente o acceso da cidadanía aos locais". A apertura do novo TEU enmárcase dentro das políticas de mellora e ampliación dos servizos públicos que está a poñer en marcha o Goberno de Inés Rey.
A información completa sobre normativa e condicións de uso pode consultarse na web municipal de Participación ciudadana , onde tamén se atopa unha guía paso a paso para realizar as reservas a través da cita previa en liña.

28 de enero de 2026

22 de enero de 2026

15 de enero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible