Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de enero de 2024

O Goberno de Inés Rey, seguindo as suxerencias e demandas dos colectivos de persoas usuarias, distribuíu equitativamente os espazos existentes nunha superficie de 1.600 metros cadrados

O Concello culmina a remodelación do skate-park de Eirís, modernizado e xa aberto á cidadanía cun novo ‘bowl’ e unha ‘skatepraza’ para a práctica deportiva

Ademais de acondicionarse o céspede na contorna do skate-park, dispúxose un xardín central a modo de barreira natural entre o ‘bowl’ e a ‘skatepraza’, así como novo mobiliario urbano

A alcaldesa, Inés Rey, visitou esta mañá o skate-park de Eirís, un equipamento deportivo que volve a estar aberto á cidadanía tras completarse os traballos de remodelación promovidos polo Concello, iniciados hai sete meses co obxectivo de adaptar a instalación a un abano máis amplo de deportes urbanos, como patinaxe, bicicletas BMX e tamén patinetes.

O novo skate-park de Eirís ten dous espazos principais, tal e como demandaban as usuarias e usuarios: un bowl e unha 'skatepraza'. A superficie total para a práctica das diversas disciplinas deportivas é de 1.664 metros cadrados: 728 deles para o bowl, e outros 936 para a 'skatepraza'. "A pista entrou en funcionamento no ano 2005 e, co paso dos anos, foi quedando obsoleta, con características moi alonxadas da tipoloxía de pistas que se están a deseñar actualmente. Nesta remodelación tentouse dar forma a unha distribución equilibrada, o máis equitativa posible en termos de espazo, falando previamente cos colectivos de persoas usuarias", indicou Inés Rey.

Na súa visita ao skate-park de Eirís, a rexedora estivo acompañada pola concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas, Nereida Canosa, así como polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez. Tamén asistiu a presidenta da Federación Galega de Patinaxe, María Jesús Vázquez, e representantes de entidades locais de skaters.

Os materiais da instalación, idóneos fronte a condicións meteorolóxicas adversas

O bowl conta con diversas alturas que van de 1,30 aos 2,50 metros. Está feito a base de formigón proxectado, sobre o cal se aplicaron nanosilicatos a modo de capa protectora, para demorar a erosión habitual que sofre o formigón e tamén para garantir a súa impermeabilización.

No caso da 'skatepraza' traballouse con granito rosa do Porriño e granito azul de Ponte de Lima (Portugal). "Non é o habitual, mais escolleuse facelo así por dous motivos: en primeiro lugar, para imitar o contorna urbana das prazas, simulando a paisaxe do rueiro da cidade; e, por outra banda, porque o granito é máis resistente que o formigón fronte a factores como a influencia do mar e a salinidade, así como ante condicións meteorolóxicas adversas", expuxo a rexedora. A 'skatepraza' conta con obstáculos de ata 35 centímetros de alto, en diversas alturas, para facilitar tamén a aprendizaxe progresiva das persoas usuarias.

No referente ás zonas verdes, acondicionáronse 1.500 metros cadrados de céspede, con resembrado, na contorna da pista. Tamén se dispuxo un xardín central que fai de barreira divisoria entre o bowl e a 'skatepraza'.

A isto sumouse novo mobiliario urbano, con bancos accesibles e fontes. Ademais, renovouse o sistema de iluminación da pista, que conta con 10 columnas e un total de 18 proxectores de luces led, habilitados de tal forma que poden ser configurados para o seu apagado automático na franxa horaria que marque o Concello.

Diálogo cos colectivos de skate e rollers da cidade

Para definir este proxecto de reforma do skate-park de Eirís, o Concello dialogou e atendeu as demandas e suxerencias dos colectivos de skate e rollers existentes na cidade, "agrupacións que foron fundamentais no proceso de recuperación da pista", subliñou hoxe Inés Rey. A intervención, executada pola empresa Seranco, supuxo un investimento de 510.000 euros.

A obra foi dirixida polo arquitecto Daniel Yábar, un experto nacional na materia e autor de skateparks como os de Santa Lucía en Vitoria-Gasteiz, Parque La Granja en Santa Cruz de Tenerife ou o bowl Vía Hispanidad, en Zaragoza. Tamén ideou circuítos similares en cidades como Logroño e Jerez de la Frontera, e está a ser reclamado para proxectos desta tipoloxía en países como Francia.

As melloras nas infraestruturas destinadas á práctica de skate na Coruña 

Esta mañá, a alcaldesa, Inés Rey, fixo fincapé no compromiso asumido polo Goberno municipal "á hora de mellorar e ampliar as instalacións destinadas á práctica de skate na Coruña". O ano pasado, ademais da nova praza de skate e a pista multideporte abertas en Xosé Toubes, no barrio de Catro Camiños, o Concello habilitou un espazo específico cuberto nas naves municipais do Metrosidero.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión