Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

12 de septiembre de 2022

O Concello da Coruña aproba a Axenda Urbana 2030, a folla de ruta que marcará o futuro deseño da cidade

O Goberno municipal dá luz verde ao documento en XGL cos informes favorables do ministerio

O Goberno municipal aprobou esta mañá en Xunta de Goberno Local a Axenda Urbana da Coruña 2030 (AUAC 2030), así como o Plan estratéxico de acción local que leva aparellado ese documento. A aprobación en Xunta de Goberno Local é un paso máis, consensuado co ministerio, na implementación da Axenda Urbana. A aprobación en XGL é un trámite esixido desde o Goberno Central, que non establece que o documento teña que ir a Pleno.

A AUAC 2030 é un documento vivo, que se adaptará en cada momento ás circunstancias económicas e sociais e ás necesidades da cidade. O Goberno municipal organizou no último verán múltiples actividades, con reunións en todos os centros cívicos da cidade con distintos colectivos, para recoller, nun proceso participativo, a opinión da cidadanía e colectivos e agregala ao documento. O executivo convocará, tamén, a todos os grupos na corresponde comisión para recadar tamén as súas achegas, coa intención de que finalmente a corporación poida aprobar no Pleno a Axenda Urbana 2030 como proxecto común de cidade e co máximo consenso posible. 

A aprobación, hoxe, da AUAC 2030 -trámite que conta co visto e prace do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana e do persoal técnico municipal- permitirá acudir a novas convocatorias de fondos europeos, un asunto no que esta cidade é líder en Galicia grazas ás xestións do Goberno de Inés Rey, que ao longo deste mandato acadou 11 millóns de euros a través do programa Next Generation para distintas actuacións, moitas delas xa en marcha, e 12,6 millóns de euros a través do IDAE para a renovación completa da iluminación pública da cidade.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión