20 de abril de 2025
A programación desenvolverase o sábado 26 e o domingo 27 de abril, con visitas guiadas, xornadas de portas abertas e un xogo de pistas para público infantil
O Concello da Coruña celebra o Día Internacional dos Monumentos e Sitios Históricos cun programa especial de actividades divulgativas no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón e no Castro de Elviña os días 26 e 27 de abril.
A proposta, organizada pola Concellería de Cultura no marco das políticas do Goberno de Inés Rey, pretende achegar a cidadanía ao patrimonio da cidade a través dunha oferta lúdica e educativa orientada tanto ao público adulto como infantil.
O sábado 26, o Castelo de San Antón acollerá unha nova edición do xogo de pistas "Os recunchos do Castelo", unha actividade participativa dirixida a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos. A sesión dará comezo ás 11.45 h e terá unha duración de 90 minutos. As prazas son limitadas a 20 participantes e é necesaria inscrición previa a través da web https://ticketing.coruna.gal/arq/diamonumentos-2025, aberta dende o pasado 16 de abril.
Tamén o sábado ofreceranse dúas visitas guiadas ao Museo Arqueolóxico, ás 12.00 h e 17.00 h, e o domingo 27 ás 12.00 h realizarase unha visita guiada ao Castro de Elviña, todas dirixidas a público adulto. As reservas poden formalizarse chamando ao teléfono do museo (981 189 850), tamén con prazas limitadas a 25 persoas por sesión.
Ademais, o sábado 26 o Castelo de San Antón permanecerá aberto en xornada de portas abertas, con entrada libre durante o horario de apertura habitual.
O concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, destacou que "o noso obxectivo é que o patrimonio da cidade sexa unha ferramenta educativa e participativa, que permita poñer en valor espazos únicos como o Castelo de San Antón ou o Castro de Elviña. Actividades como estas favorecen o coñecemento da nosa historia e a vinculación da veciñanza coa súa contorna".

22 de diciembre de 2025

22 de diciembre de 2025

20 de diciembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible