Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de diciembre de 2021

O Concello da Coruña culmina a reforma integral da rúa Rafael Bárez coa instalación dun monumento en homenaxe ao histórico avogado laboralista e exconcelleiro

Inés Rey: ”Rafael Bárez foi unha desas persoas excepcionais, e foino en todos os ámbitos, desde a avogacía ata o urbanismo pasando pola loita polos dereitos sociais e democráticos”

A alcaldesa, Inés Rey, visitou hoxe a rúa Rafael Bárez tras finalizar as obras de reforma integral levadas a cabo nese espazo. Rey descubriu tamén un monumento ubicado na mesma rúa para render homenaxe a Rafael Bárez Vázquez, histórico avogado laboralista e primeiro concelleiro de Urbanismo da Coruña en democracia. Bárez foi, entre outras moitas cousas,  unha figura indispensable para comprender o deseño actual da cidade, na que foi impulsor do primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal.

"Rafa Bárez foi unha desas persoas excepcionais, e foino en todos os ámbitos, desde a avogacía ata o urbanismo pasando pola loita polos dereitos sociais e democráticos", destacou Inés Rey durante o acto de descubrimento do monólito que o recorda, acto no que estivo presente a súa parella, Toya Fernández, así como familiares, amigos e compañeiros do exconcelleiro coruñés. "É para nós un privilexio honrar á súa memoria e contribuír a que o seu legado e o seu nome sexan coñecidos e recoñecidos polos cidadáns", indicou a alcaldesa.

O monumento, situado no cruzamento que conecta a avenida da Concordia coa rúa que leva o seu nome, no barrio do Castrillón, completa a actuación de reforma integral desa vía, reforma solicitada pola asociación de veciños e levada a cabo polo executivo de Inés Rey, e que supuxo un investimento de máis de 528.000 euros.

As obras levadas a cabo supuxeron a reurbanización dunha superficie de 4.000 metros cadrados, coa renovación completa de firmes e garantindo a accesibilidade universal. Ademais, a rúa gañou espazo para uso peonil. Na mesma actuación renovouse integramente a rede de saneamento e augas pluviais, así como a sinalización. Ademais, renovouse completamente o mobiliario urbano e plantáronse 31 árbores. A reforma de Rafael Bárez enmárcase nas directrices de humanización dos espazos públicos da cidade establecidas por Inés Rey.

Máis de tres millóns de euros en investimentos no barrio do Castrillón

No mandato actual, o Concello impulsou obras e traballos por máis dun tres millóns de euros no barrio do Castrillón, cifra que se incrementa ata superar os 7 millóns en toda a zona dos Castros, Monelos, Matogrande e Someso. O Goberno de Inés Rey leva investidos máis de 35 millóns de euros desde o 2019 en todos os barrios da cidade. Entre as actuacións máis destacadas levadas a cabo no Castrillón destaca a construción do Centro Deportivo, que abrirá ao público no primeiro semestre do ano que vén.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión