Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

1 de octubre de 2022

A intervención na rúa Marsella supón a oitava mellora en materia de saneamento que acomete o Goberno de Inés Rey neste distrito da cidade

O Concello da Coruña dá comezo ás obras de renovación da rede de saneamento na rúa Marsella, no barrio da Zapateira

Os traballos, que dan continuidade ao plan de melloras que tamén se está levando a cabo nas rúas Roma e Salzburgo, contan cun orzamento de 307.462 euros

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, traballa estes días na renovación das infraestruturas de saneamento da rúa Marsella, na Zapateira. Despois da finalización, no mes de xullo, das obras na rúa Amberes, e as que se están a executar nas rúas Roma e Salzburgo, postas en marcha durante o mes de agosto, esta é a oitava das actuacións previstas polo Goberno de Inés Rey dentro do plan para a mellora do saneamento executado no barrio desde o comezo do vixente mandato.

As obras que se están a levar a cabo na rúa Marsella, que comezaron hai semana e media e contan cun orzamento de 307.462 euros, consisten na renovación da rede de saneamento separativa e, en paralelo aos avances nos traballos, a reposición do firme. O obxectivo é facilitar a recollida das augas residuais domésticas, mellorar a eficiencia do tratamento de augas da zona e, por outra banda, búscase dirixir de maneira adecuada o volume de augas pluviais que, ata agora, discorrían pola plataforma da vía en forma de corrente superficial.

Os traballos de mellora na rede de saneamento no barrio da Zapateira abranguen catro rúas (Amberes, Salzburgo, Roma e Marsella) e están sufragados con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña e tamén con fondos municipais. O investimento total destinado a este plan é de 729.000 euros. 

O compromiso do Goberno municipal coas melloras en saneamento na Zapateira

As obras nas rúas Marsella, Amberes, Roma e Salzburgo dan continuidade aos traballos xa acometidos polo Goberno municipal de Inés Rey noutras cinco rúas do barrio da Zapateira entre os anos 2020 e 2021, cando a Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade executou intervencións similares nas rúas Dublín, Atenas, Burdeos, Venecia e Helsinqui, cun investimento de 650.000 euros. Así, o barrio da Zapateira recibiu no actual mandato o maior investimento en saneamento en décadas.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión