18 de marzo de 2023
Os centros cívicos municipais ofrecerán actividades gratuítas para menores de 4 a 12 anos, os días 3, 4 e 5 de abril
O vindeiro luns, día 20 de marzo, ábrese o prazo de inscrición para o programa municipal 'Recuncho do Xogo', que abrangue as actividades infantís gratuítas que ofrecerán os centros cívicos da cidade os días 3, 4 e 5 de abril, coincidindo coas vacacións escolares de Semana Santa.
A concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá, Yoya Neira, sinalou que este programa, que se ofrece en 20 centros cívicos coruñeses, busca favorecer a conciliación familiar no contexto vacacional. "En 14 dos centros vanse ofrecer dous horarios: o xeral, de 10.00 a 13.30 horas, e o ampliado, de 9.00 a 14.30 horas, co fin de adaptarnos ás necesidades das nais e pais", apuntou Neira.
Os tres días de actividades do programa municipal 'Recuncho do Xogo' xirarán arredor da astronomía e as estrelas, a través de obradoiros, xogos e dinámicas grupais.
'Recuncho do Xogo' ofrecerase nos seguintes centros cívicos:
O prazo de solicitude de prazas, aberto entre o 20 e o 29 de marzo
As persoas interesadas poderán inscribirse entre o luns 20 e o mércores 29 de marzo, ambos os dous días incluídos, no centro cívico onde se solicite a praza, no horario habitual de atención ao público. As prazas ofertadas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.
Neste sentido, hai dez prazas destinadas a menores con necesidades educativas especiais e diversidade funcional. As persoas interesadas en inscribirse nestas prazas deberán facelo no centro cívico de Labañou, no horario habitual de atención ao público.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible