Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

8 de marzo de 2023

O Concello da Coruña renova o programa de viaxes culturais para persoas maiores de 55 anos, con percorridos por Allariz, Celanova e Ourense

Máis de 1.000 persoas poderán participar nestas excursións de carácter gratuíto. O prazo de inscrición abrirase desde o luns 13 de marzo, nos centros cívicos de referencia

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá, pon en marcha o programa de viaxes culturais para maiores de 55 anos, unha iniciativa da que poderán gozar 1.040 persoas.

A inscrición poderá realizarse a partir do luns 13 de marzo, na Rede de Centros Cívicos Municipais da cidade, durante o seu horario habitual de apertura.

Estas excursións son gratuítas, realízanse en autobús e non inclúen a comida, que será libre e por conta de cada persoa. O Concello pon ao dispor dos usuarios e usuarias un total de 24 autobuses cunha capacidade de 52 persoas por vehículo.

Este ano realizaranse dous percorridos similares dependendo das datas:

  • Días 17, 21 e 23 de marzo: A Coruña - Allariz - Ourense - A Coruña. 
  • Día 5 de abril: A Coruña - Allariz - Ourense - Celanova - A Coruña.

Quen pode optar ás 1.040 prazas dispostas?

As persoas destinatarias son aquelas maiores de 55 anos (nadas desde 1968 en diante). Esixirase presentar o DNI para que o servizo de conserxaría do centro cívico de referencia poida comprobar a idade e só se poderán pedir dous billetes por persoa.

No caso de viaxar cun acompañante de menor idade, a persoa que si cumpra co dito requisito será quen deberá facer a inscrición e recoller os billetes.

As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigurosa orde de inscrición.

O período de inscrición

  • A partir do 13 de marzo nos centros cívicos do Castrillón, Eirís, Elviña, Monelos e Os Mallos para as saídas do 17 de marzo.
  • A partir do 17 de marzo nos centros cívicos de Labañou, Novoboandanza, Os Rosales, Castro de Elviña e Palavea para as saídas do 21 de marzo.
  • A partir do 19 de marzo nos centros cívicos de San Diego, Monte Alto, Cidade Vella, Novo Mesoiro, Sagrada Familia e A Silva, e a partir do 20 de marzo no centro cívico de Feáns, para as saídas do 23 de marzo.
  • A partir do 27 de marzo nos centros cívicos de Artesáns, Santa Margarida, San Pedro de Visma, Pescadores e Santa Lucía para as saídas do 5 de abril.

Todas as saídas serán ás 9.30 da mañá, e o autobús partirá desde o centro cívico onde se realice a inscrición.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión