Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de noviembre de 2021

O Concello da Coruña ultima as obras de reurbanización da rúa Cabana, coa disposición de beirarrúas máis accesibles

Os traballos de reforma, que Urbanismo prevé rematar antes de finais de ano, esténdense tamén á rúa Alcalde Abella e á contorna da Asociación Down Coruña, en Pedralonga

A Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade acomete estes días obras de reurbanización na rúa Cabana, situada entre Catro Camiños, a igrexa de San Pedro de Mezonzo e Juan Flórez. Os traballos de reforma, xa iniciados, contemplan a mellora das beirarrúas para facelas máis accesibles, atendendo ás necesidades das persoas con mobilidade reducida. A execución das obras supuxo un investimento de 178.000 euros por parte do Concello.

En paralelo, o Concello estendeu esta proposta de reurbanización á rúa Alcalde Abella, en Monte Alto. Ante a inexistencia de beirarrúas accesibles, a área de Infraestruturas pleneou unha plataforma única orientada a suprimir as limitacións de paso a peóns. O orzamento destinado a este proxecto é de 221.000 euros.

A maiores, tamén se está a levar a cabo unha intervención nas inmediacións do parque infantil da Pedralonga, onde o Concello aborda traballos de mellora da accesibilidade. Ademais da reforma de firmes e pavimentos, iluminación e redes de saneamento próximas, Infraestruturas autorizou o derribo dun muro de hormigón que separaba o parque infantil das instalacións da Asociación Down Coruña, suprimindo esta barreira visual e conectando os dous recintos, atendendo tamén á limpeza da contorna. O investimento total efectuado polo Concello foi de 32.000 euros.

As tres obras, segundo as previsións da Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade que dirixe o concelleiro Juan Díaz Villoslada, estarán rematadas antes de finais de ano.

Colectores da Barreira

Por outra banda, este venres remataron os traballos de substitución dos colectores soterrados no cruzamento entre a rúa Barreira e San Andrés. Esta actuación supón unha mellora hixiénica e de accesibilidade para a zona.

Ademais da renovación dos colectores, os traballos incluíron a creación dunha plataforma única coas rúas Barreira e San Andrés, eliminando barreiras arquitectónicas e facilitando o uso dos colectores para persoas con mobilidade reducida. Estes cinco colectores contan cunha capacidade total de 4.000 litros e dan servizo a unhas 400 persoas e aos locais de hostalaría da contorna.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión