10 de abril de 2024
Inés Rey celebra que a empresa coruñesa “siga apostando pola cultura musical” e por “un dos eventos máis importantes do verán no país”
A alcaldesa da Coruña, na súa calidade de presidenta do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), asinou esta mañá un convenio de colaboración coa Corporación Hijos de Rivera para renovar a colaboración desta empresa co Festival Noroeste Estrella Galicia por tres anos máis. Por parte da empresa, asinou o convenio o director xeral da corporación, Francisco Manuel Ucha Rodríguez.
"Este vínculo que une o Concello e Hijos de Rivera amosa a nosa intención de seguir apostando pola cultura musical de calidade na cidade, apoiando un dos eventos máis importantes do verán en Galicia e no país enteiro", indicou Inés Rey tras a firma. Deste xeito, o evento musical manterá a súa actual denominación como Festival Noroeste Estrella Galicia por tres anos máis, durante as edicións de 2024, 2025 e 2026.
Ambas as partes valoraron moi positivamente este acordo e os resultados amosados durante os últimos anos froito desta colaboración, que lle "permitiu a este festival alcanzar un nivel nunca visto, á vez que aumenta a súa aposta pola música galega e coruñesa", tal e como apuntou Inés Rey. O acordo de colaboración será por tres anos e, ademais, Hijos de Rivera comprométese, durante os anos 2025 e 2026, a contribuír con programación e produción propia relacionada co Festival Noroeste Estrella Galicia.
"O compromiso de Hijos de Rivera coa cidade e a súa programación cultural vese reflectido no seu apoio activo tanto ao Festival Noroeste Estrella Galicia como a numerosos eventos que se realizan ao longo do ano", indicou a alcaldesa, que lle agradeceu á empresa a súa predisposición para renovar este acordo.
Vetusta Morla e Xoel López, primeiras confirmacións do Festival Noroeste Estrella Galicia
O Festival Noroeste Estrella Galicia 2024 celebrarase do 7 ao 10 de agosto en diferentes localizacións da cidade, como vén sendo habitual nos últimos anos. Tal e como anunciou a alcaldesa na presentación da estratexia turística da cidade en Fitur, as primeiras confirmacións do evento son Vetusta Morla e Xoel López, dous dos grandes referentes da música independiente a nivel nacional.
"Xa estamos a traballar na configuración dun cartel que combinará grandes referentes do pop e do rock, tanto nacional como internacional, con artistas emerxentes que a cidade poderá descubrir no festival gratuíto máis importante de España", indicou Inés Rey.
18 de abril de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible