1 de mayo de 2026
A competición reunirá na cidade a algúns dos deportistas nacionais e internacionais máis destacados da disciplina, que se medirán nun total de nove probas
Este xoves tivo lugar no Real Club Náutico da Coruña a presentación oficial do Campionato de España de Windsurfer, que se realizará por vez primeira na cidade, entre os días 1 e 3 de maio, e que congregará a máis de 60 regatistas nacionais e internacionais (con participantes de Francia, Italia, Portugal e Australia).
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, acudiu ao acto en representación da alcaldesa, Inés Rey, e celebrou o novo abanico de posibilidades que esta cita abre para a cidade. "O windsurf é un deporte en alza que supón un atractivo crecente para as zonas costeiras. Unha vez máis, demostramos que A Coruña está aberta ao mundo e que ten moitísimo para ofrecerlles a este tipo de encontros internacionais de primeiro nivel", subliñou Vázquez.
A competición estará composta por un total de nove probas, incluirá unha de longa distancia que percorrerá a totalidade da ría, e estruturarase en dous campos de regata, un deles situado na zona de Bastiagueiro para as probas curtas, o que lle permitirá á cidadanía seguilo desde terra.
"Ademais do prestixio e da proxección, estes eventos ofrécenlle ao público xeral entretementos alternativos e serven para dar a coñecer disciplinas diferentes e miradas renovadoras e dinámicas no deporte. Por iso os coruñeses e coruñesas os recibimos sempre cos brazos abertos", engadiu o concelleiro.
O Real Club Náutico da Coruña terá unha ampla representación no torneo, con ata sete regatistas locais competindo. Ademais, a cita contará con algúns e algunhas dos deportistas máis destacados desta disciplina, como o actual campión nacional, Joan Roig, ou Pilar Prieto e Eduardo Navarro, entre outros. O domingo 3 de maio, terá lugar a entrega de medallas, que será o colofón dun dos eventos de windsurf de maior alcance nacional.

1 de mayo de 2026

30 de abril de 2026

28 de abril de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible