19 de mayo de 2026
As partituras foron recopiladas nunha publicación e interpretadas na Real Academia Galega de Belas Artes
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presidiu esta tarde o acto de presentación das partituras dos motetes de Marcial del Adalid, que tivo lugar na Real Academia Galega de Belas Artes. Esta iniciativa do Concello e do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses ten como obxectivo a recuperación e exaltación do patrimonio musical da cidade, dándoo a coñecer á cidadanía a través da publicación presentada hoxe.
"A cultura dunha cidade como a nosa non se sostén unicamente sobre a novidade. Sostense tamén sobre a capacidade de coidar a súa memoria, de estudar os seus arquivos e de reactivar o seu legado para as novas xeracións, algo que estamos a facer desde o Goberno de Inés Rey", destacou Gonzalo Castro. Marcial del Adalid naceu na Coruña en 1826. Co gallo do seu bicentenario neste 2026, o Instituto José Cornide súmase á conmemoración desta efeméride cun acto que pon en valor a súa produción sacra.
Os seus motetes son fundamentais para comprender a música relixiosa galega do XIX. Fronte á complexidade doutras das súas obras, estas pezas destacan pola súa brevidade, estrutura pechada e un carácter marcadamente homofónico, o que lles confire unha beleza directa e profunda. No acto desta tarde, solistas do Orfeón Terra A Nosa interpretaron unha selección destas obras ao piano.

19 de mayo de 2026

19 de mayo de 2026

18 de mayo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible