9 de julio de 2025
Inés Rey: “A Coruña necesita e quere contar co talento desta xeración”
O Concello da Coruña celebrou esta mañá no Salón de Sesións de María Pita o acto de recoñecemento ao alumnado que acadou as mellores cualificacións na Proba de Acceso á Universidade (PAU) 2025.
A recepción estivo presidida pola alcaldesa, Inés Rey, quen estivo acompañada pola coordinadora de Maestrados e representante da UDC na CIUG, Elisa Beceiro. No acto participou tamén o concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego.
Durante o evento, a alcaldesa destacou que "estes expedientes falan de traballo constante, de superación e de compromiso cun futuro que xa está a comezar", e subliñou que "a cidade da Coruña está orgullosa dunha xeración que responde con talento e esforzo aos novos retos educativos". A rexedora agradeceu tamén o papel das familias e do profesorado, "pezas fundamentais para acadar estes resultados".
Foron distinguidos/as 16 estudantes coruñeses polos seus expedientes académicos:
Inés Rey animou o alumnado a continuar formándose, lembrando que "A Coruña será sempre unha cidade aberta ao talento, á ciencia, á creatividade e ao coñecemento" e sinalou que "queremos que sigades medrando, pero tamén que saibades que aquí hai oportunidades e futuro".
A convocatoria da PAU 2025 contou con 2.722 estudantes examinados/as nas seis sedes da Universidade da Coruña na cidade. Máis da metade dos centros educativos da Coruña acadaron o 100% de aprobados na fase xeral, o que reflicte o alto nivel académico do alumnado e o compromiso dos equipos docentes.

27 de noviembre de 2025

27 de noviembre de 2025

27 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible