Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de agosto de 2026

O Concello impartirá no Papagaio un curso gratuíto para orientar ás empresas na contratación coas administracións

A formación se levará a cabo o próximo 16 de setembro ás 17.00, e será necesaria inscrición previa

O Concello ofrecerá, no Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio, unha formación gratuíta e presencial sobre como presentar ofertas para optar licitacións pública. Impartirase o próximo 16 de setembro, a partir das 17.00 horas, e é necesario inscribirse a través desta ligazón. 

"Os centros municipais de empresas da cidade son axentes de dinamización económica e formativa fundamentais. Cursos coma este nacen coa vocación de ampliar o abano de ferramentas para que as empresas locais, en especial as pequenas e medianas, poidan medrar e consolidárense no tecido produtivo coruñés", valorou o concelleiro Juan Ignacio Borrego. 

Os obxectivos principais desta formación son darlles a coñecer ás persoas participantes o papel da contratación pública como vía de negocio para autónomos e Pemes e proporcionar ferramentas e pautas prácticas para preparar propostas sólidas e competitivas. A relación de contidos inclúe:

  • Localización e identificación da licitación
  • Lectura útil do anuncio e dos pregos
  • Comprobación de requisitos previos do licitador
  • Preparación da documentación administrativa
  • Preparación da oferta técnica
  • Preparación da oferta económica
  • Organización da documentación para a presentación
  • Presentación electrónica paso a paso
  • Revisión final e validacións antes de pechar a oferta
  • Erros prácticos máis frecuentes na presentación de ofertas

Os únicos requisitos para poder realizar o curso son ter un ordenador portátil con JavaScript instalado e operativo e sinatura dixital habilitada.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión