16 de julio de 2026
A concelleira de Medio Ambiente participa no arranque da iniciativa que terá lugar durante as próximas semanas nas praias da cidade
O Concello e Cada Lata Conta (Every Can Counts Foundation, entidade internacional que promove a reciclaxe de latas de bebidas en espazos públicos) colaboran de novo este verán na campaña ambiental "A túa lata ao amarelo", unha das iniciativas divulgativas do Goberno de Inés Rey para fomentar o reciclaxe entre a poboación.
Durante os meses de xullo e agosto, educadores ambientais de Cada Lata Conta percorrerán as praias de Riazor e Orzán equipados coas súas características mochilas recolectoras de latas para informar a coruñeses, coruñesas e visitantes sobre a importancia de reciclar tamén durante os momentos de lecer.
Ademais, realizarán enquisas para coñecer os hábitos de reciclaxe dos bañistas e seguir mellorando as campañas de sensibilización. Como en edicións anteriores, a campaña incluirá tamén a instalación de bandeiras de sinalización nos contedores de reciclaxe, unha medida que demostrou ser especialmente eficaz.
A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, sinalou que "o compromiso de toda a cidadanía coa correcta separación de residuos debe ser máis firme aínda en contornas como as nosas praias e na época estival". "Visítannos miles de persoas e estas campañas contribúen a reforzar a mensaxe para todos os usuarios dos nosos areais e evitar non só os residuos na praia, senón a contaminación do mar e o risco para a biodiversidade e a economía ligada ao litoral", agregou.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible