Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

3 de noviembre de 2023

O Concello actualiza as ordenanzas fiscais. Os inmobles desocupados, en propiedade dunha persoa titular con catro ou máis inmobles de uso residencial, terán un recargo do 50% se superan os dous anos baleiros

O Concello impulsa o convenio co MITMA que aportará 9 millóns de euros para a nova Intermodal

O Concello destinará, ademais, máis de 300.000 euros á cidade das TIC e máis de 700.000 euros ás obras de accesos á nova estación

O Goberno municipal aprobou hoxe, en Xunta de Goberno Local, o texto do convenio entre o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana (MITMA) e o Concello da Coruña para o financiamento da Estación Intermodal. A subvención nominativa, comprometida pola ministra Raquel Sánchez na súa última visita á Coruña, forma parte das achegas do MITMA contempladas no Programa para a implantación de Zonas de baixas emisións e a transformación do transporte urbano e metropolitano.

O texto do convenio aprobado esta mañá permitirá, unha vez asinado, a transferencia dos 9.092.000 euros estatais á entidade local para a súa achega á construción da Estación Intermodal. Deste xeito, o Concello non terá que asumir con fondos propios o investimento, corrixindo a falta de reparto de fondos europeos Next Generation da Xunta de Galicia, que si emprega recursos europeos para a súa parte da obra mais que non asignou a cidade cantidad algunha para facer fronte á parte municipal dos traballos.

Modificativo de crédito

O Goberno local vén de aprobar en Xunta de Goberno Local un modificativo de crédito que permitirá afrontar investimantos por valor de 3,5 millóns de euros para diversos gastos correntes do desenvolvemento da actividade municipal en instalacións e edificios municipais. Tamén se recolle o financiamento do Concello aos proxectos do servizo de extinción de incendios co obxectivo de acometer distintas melloras. O concello achega así o 10% que completa o 90% financiado coas contribucións especiais a cargo da xestora de concertos.

Destaca a consignación de crédito de 336.600 euros para a dotación do capital necesario de cara á constitución da Sociedade pública xestora Cidade das TIC coa UDC. O Concello da Coruña terá o 51% das accións representativas de acordo co capital social achegado.

Outra das inversións destacadas no modificativo de crédito correspóndese coa anualidade marcada no convenio asinado entre este Concello, a Xunta de Galicia e ADIF de cara ás obras da estación Intermodal, que inclúen a execución da terminal de autobuses, aparcamentos, xunto con elementos comúns da intermodalidade. Achéganse así 189.700,52 euros correspondentes á anualidade 2023 para financiar as obras ordinarias de urbanización do viario de conexión entre avenida da Sardiñeira e avenida de Arteixo.

O modificativo permitirá facer fronte tamén a outros gastos necesarios como consumos enerxéticos e persoal.

Subvencións a entidades

O Goberno de Inés Rey tamén aprobou esta mañá unha modificación do Anexo de Subvencións nominativas para dúas entidades de carácter social. O Concello da Coruña mantén un convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para o financiamento dos gastos de mantemento do Fogar Infantil Emilio Romay (FIER) polo que achega, de xeito anual, un total de 19.000 euros. De acordo coa suba do IPC, o Goberno Local aprobou o aumento da contía a 20.121 euros, axustando a partida.

A XGL tamén aprobou o cambio de preceptor na subvención para o desenvolvemento do programa de sensibilización para a prevención da vida saudable. O programa, realizado pola Real Academia de Mediciña de Galicia, conta cun orzamento anual de 10.000 euros de acordo co convenio suscrito coa entidade para a posta en marcha das actividades.

Actualización das ordenanzas fiscais municipais

O Goberno local aprobou esta mañá a modificación e actualización de 29 ordenanzas fiscais municipais de cara ao exercicio 2024, cuxa aprobación debe ser ratificada en Sesión Plenaria para a súa entrada en vigor.

Taxas por prestación de servizos municipais

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a modificación, con caracter xeral, das tarifas relativas ás taxas pola prestación de servizos realizados polo Concello da Coruña. Trátanse dun total de 17 ordenanzas fiscais que terán un axuste xeral do 3%.

As tarifas recollidas nestas ordenanzas non foran actualizadas, na maioría dos casos, desde o ano 2013, con algunha que non varía desde  2009. Dende o ano 2013, o Índice de Prezos ao Consumidor (IPC) tivo un incremento acumulado do 21,6%, o que leva aparellado un maior custo dos servizos. A modificación aprobada hoxe é sete veces menor que a subida do IPC dende a última actualización, polo que continúa a estar minorada en relación ao prezo do servizo prestado. 

A actualización das tarifas obedece á necesidade municipal de contar con recursos suficientes para afrontar o gasto crecente dos servizos públicos e dos investimentos na cidade. Ademais, a normativa indica que as taxas deben permitir cubrir o custe dos servizos que se prestan, algo que na Coruña estaba lonxe de acontecer tras máis de dez anos sen actualizar os prezos públicos nun contexto no que os gastos subiron considerablemente en todos os ámbitos. 

A relación de ordenanzas modificadas neste bloque é:

  • Nº 1 - Tramitación ou expedición de documentos administrativos
  • Nº 2 - Servizos especiais de vixilancia de espectáculos ou transportes
  • Nº 6 - Recollida e tratamento de lixo e residuos
  • Nº 7 - Rede de sumidoiros
  • Nº 8 - Exitinción de incendios, salvamento e outros
  • Nº 9 - Cemiterios municipais, condución de cadáveres e outrs servizos fúnebres
  • Nº 10 - Sanidade preventiva, relacionados con animais de compañía e outros servizos de prevención
  • Nº 11 - Licenza de primeira ocupación
  • Nº 12 - Licenzas ou autorizacións para industrias da rúa e ambulantes
  • Nº 13 - Licenzas e autorizacións administrativas de servizos urbanos de transporte
  • Nº 14 - Inmobilización, retirada e almacenamento de vehículos
  • Nº 15 - Instalacións deportivas municipais
  • Nº 16 - Museos e outras instalacións culturais
  • Nº 17 - Estación de autobuses
  • Nº 18 - Catálogo de servizos domiciliarios
  • Nº 29 - Ocupación de terreos de uso público con quioscos
  • Nº 30 - Servizos nos mercados municipais

Ordenanza fiscal Nº 51 | Imposto sobre bens e inmobles (IBI) e recarga a vivendas baleiras

Esta mañá tamén se levou a cabo a aprobación da modificación da ordenaza reguladora do IBI que conta cun axuste do 0,3% dos tipos impositivos dos inmobles de natureza urbana (0,62%), rústica (0,62%), manténdose o 1,3 para os inmobles de características especiais. Ademais, no caso dos inmobles de natureza urbana que superen o valor catastral fixado para cada un dos usos, a excepción do residencial, aplicarase un gravame do 0,83%. O uso recollido como almacén/aparcamento pasa a ser industrial de acordo coa nova redacción.

Na modificación da ordenanza aprobada polo Goberno local en XGL recóllese tamén unha nova redacción do apartado referente á ao recargo das vivendas desocupadas co obxectivo dunha mellor tramitación. Aplicarase un recargo do 50% aos inmobles que permanezan desocupados un prazo superior a dous anos e pertenzan a titulares con catro ou mais inmobles de uso residencial. Esta modificación normativa enmárcase dentro do abano de medidas posto en marcha polo Goberno municipal para aumentar a falta de vivendas na Coruña.  

Tamén se contempla unha baixa da cota tributaria exenta para os bens inmobles de natureza rústica, que pasa a ser de 6 euros. Esta non será exenta no caso de que a cota sexa resultado da división de cotas entre distintos titulares dun mesmo inmoble posto que superaría a cota tributaria marcada.

A actualización do IBI ao 0,63 equipara o tipo da Coruña ao de cidades como Ferrol, coa mesma porcentaxe, mais a Coruña segue a ter un IBI menor que o de Vigo (0,91), Pontevedra (0,64) e Lugo (0,67).

Ordenanzas fiscais nª 3 e nº 4 | Taxas por procedementos urbanísticos

Tamén se aprobou a actualización do 3% nas taxas para no outorgamento de licenzas e outros servizos urbanísticos así como nas comunicacións previas, declaracións responsables e licenzas de apertura de establecementos. Ademais, o Goberno local realizou cambios na redacción das ordenanzas para unha maior claridade no procedemento de devolución do 50% das taxas en caso de desistencia ou renuncia.

Ordenanza fiscal Nº 28 | Taxa de ocupación do uso público local (terrazas)

A ordenanza reguladora da taxa de terrazas tamén foi obxecto de modificación na Xunta de Goberno Local desta mañá, ordenanza que levaba sen actualizar dende o ano 2013. 

Coa actualización da ordenanza, aqueles locais que presenten unha terraza de cerramento estable ou que estén localizados en zonas de estacionamento pasarán a aplicar o 1,20 de coeficiente, un 20% menos que na anterior ordenanza. A tarifa mínima será de 60,67 euros.

Ademais, a tarifa anual aplicada por metro cadrado pasa a ser de 60 euros e de 30 para a tarifa de tempada que abarca dende o 1 de abril ao 30 setembro.

Ordenanza fiscal Nº 52 | Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM)

No imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM), aplícase un coeficiente de 1,545 para os turismos de menos de 8 cabalos e ciclomotores e motocicletas ata os 125 c.c. e de 1,837 para o resto de vehículos. No caso dos turismos de 16 a 20 cabalos en adiante así como ás motocicletas de 500 a máis de 1.000 c.c., mantense o 2,0 de coeficiente, polo que non presentan suba.

Tamén se aplica unha porcentaxe de bonificación ao 60% para vehículos híbridos, de motor eléctrico ou cero emisións, ou que utilicen como combustible biogás, gas natural comprimido, metano, metanol, hidróxeno e GLP ou mixtos GLP-gasolina en motores de ciclo OTTO. A bonificación pasará a realizarse unicamente no ano de matriculación e o seguinte.

Ordenanza Nº 53 | Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (IIVTNU-Plusvalía)

O executivo mantén as bonificacións aprobadas no pasado mandato para trasminisións mortis causa con importantes deduccións en función da renda que chegan ata o 95% para as persoas con menores ingresos.

O Goberno local aprobou en XGL a actualización do gravame asinado á plusvalía, case 15 anos despois da súa última modificación cando se aprobou o 17,33% que fica actualmente en vigor. Con esta modificación, o imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (IIVTNU) sitúase no 25%, 5 puntos por debaixo do máximo legal previsto.

A Coruña continúa sendo unha das cidades galegas co IIVTNU máis baixo, situándose por debaixo de Lugo (0,28/0,27) Ourense (0,26) e Vigo (máximo, 0,30) así como de Ferrol no tramo ata 5 anos (0,26). Son varias as capitais de provincia españolas que sitúan o imposto na súa escala máxima, 24 en total, entre as que se atopan Murcia, Logroño ou Huelva entre outras.

Ademais, para aclarar o sistema de solicitude e concesión da bonificación por vivenda habitual nas transmisións mortis causa, engádese un parágrafo final no que a bonificación debe solicitarse mediante o modelo de solicitude oficial ou por escrito formulado e dirixido ao Departamento de Facenda.

Ordenanza Nº 54 | Imposto sobre actividades económicas (IAE)

A ordenanza mantén a bonificación aprobada polo Goberno de Inés Rey e que permite ás empresas con resultados económicos negativos solicitar unha redución da taxa.

O tipo axústase o 3% para as rúas da 1ª, 2ª e 3ª categoría e recuperando os coeficientes marcados na 4ª e 6ª categoría presentes na modificación do ano 2018.

Deste xeito, o coeficiente máximo será de 2,989 e o mínimo de 1,440. A Coruña segue situándose, coa subida aprobada na ordenanza, cun coeficiente máis baixo que Vigo e Ferrol que sitúan o máximo no 3,29 e 3,50 e o mínimo de 2,26 e 2 respectivamente.

Ordenanza Nº 55 | Imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO)

O ICIO non varía máis alá de axustes formais para permitir unha máis áxil e eficaz aplicación da ordenanza. 

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión