21 de enero de 2026
Os centros rexistrados farán excursións polos barrios entre o 22 de xaneiro e o 16 de marzo
Os colexios públicos inscritos no programa educativo Espías no tempo, organizado polo Concello, comezarán a partir de mañá a celebrar as actividades e saídas previstas polos barrios da cidade. As tres primeiras sesións contarán coa participación do alumnado de 5.º e 6.º de primaria do CEIP Sal Lence.
Ata o 16 de marzo, un total de nove colexios completarán excursións divulgativas nas que percorrerán algúns dos lugares máis emblemáticos dos barrios e irán descubrindo a súa historia e os seus segredos dunha forma divertida. As sesións durarán 90 minutos en total, cunha primeira parte de 40 minutos para a presentación e traballo na aula, e cunha segunda parte de visita guiada pola contorna do centro, de 50 minutos.
Ademais de contar coa presenza do persoal docente dos colexios, as actividades desenvolveranse con especialistas da Federación de ANPA de centros públicos. O programa conta con cadernos de actividades específicos para cada barrio, que servirán de material de apoio para o desenvolvemento da actividade.
O programa Espías no Tempo propón aprender do pasado da cidade a través dos seus barrios, posuidores cada un dunha identidade e tradicións propias. "A iniciativa é unha das moitas actividades divulgativas que desde o Goberno de Inés Rey levamos a cabo para que os rapaces e rapazas entren en contacto coa vida e a historia da cidade. É unha forma de crear en eles un sentimento de pertenza", subliñou Juan Ignacio Borrego, concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica.

17 de enero de 2026

11 de enero de 2026

10 de enero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible