7 de marzo de 2020
Trátase dun proxecto transversal que se presentou o pasado mércores nunha mesa de traballo no CEIP Wenceslao Fernández Flórez coa presenza dos e das concelleiros/as Esther Fontán, Eva Martínez Acón, Jesús Celemín e Diana Cabanas
O Goberno municipal quere realizar unha aposta decidida polos hortos urbanos da cidade. Para iso, poñerá en marcha un proxecto transversal para o fomento da agricultura urbana, que se presentou o pasado mércores nunha mesa de traballo no CEIP Wenceslao Fernández Flórez con presenza da concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Esther Fontán, a concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, Eva Martínez Acón, o concelleiro de Educación, Cultura e Memoria Histórica, Jesús Celemín e a concelleira de Turismo, Comercio e Mercados, Diana Cabanas.
O concello prevé a posta en marcha dun punto de información da Rede de Ecohortos Urbanos, que contará con persoal cualificado para asesorar e apoiar ás persoas e entidades usuarias dos hortos urbanos e escolares. Este servizo facilitará a creación dunha Rede de Hortos Urbanos Municipal que permita conectar as diferentes iniciativas que están en marcha na cidade, e virá acompañado da mellora e ampliación dos espazos dedicados ás hortas para a cidadanía, as hortas escolares e as hortas comunitarias.
A través destas medidas, o concello pretende difundir os beneficios sociais e ambientais da agricultura ecolóxica no medio urbano, para o que impartirá formación aberta a toda a veciñanza. Así mesmo quere recuperar a memoria histórica da cidade, de non hai tantos anos, na que o núcleo urbano estaba rodeado de hortos de pequenos produtores que abastecían á cidade con produtos de excelente calidade.
Esta iniciativa está apoiada polos proxectos europeos Connecting Nature, un proxecto de innovación con 29 socios de 16 países que promove a implantación de solucións baseadas na natureza nas cidades, e URBACT Ru:rban, unha rede europea de 6 cidades que buscan implementar as boas prácticas de Roma, cidade de referencia líder en horticultura urbana. Son proxectos financiados con fondos Horizon 2020 e FEDER respectivamente.
Tras a presentación, as concellerías implicadas neste proxecto visitaron a horta escolar do centro escolar onde, desde primeira hora da mañá, o alumnado do curso de formación para o emprego "Monitorado de Hortas Urbanas", e promovido polo Concello, desenvolveu cos nenos e nenas dos cursos de Infantil a actividade didáctica "A Compostar!" co fin de que aprendan a utilizar os restos das "merendas con froita" para fabricar compost.
18 de abril de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible