Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de julio de 2026

O Concello inicia a construción da nova rede separativa de augas no lugar da Comeanda, onde tamén se asfaltará a calzada

O plan de actuacións promovido polo Goberno de Inés Rey no núcleo poboacional suporá un investimento de case 400.000 euros

Este xoves, o Concello puxo en marcha as obras de construción da nova rede de saneamento separativa no lugar da Comeanda, núcleo poboacional que, ata agora, só dispoñía de infraestruturas de canalización para a recollida de augas residuais, non así de pluviais.

Ao tratarse dunha rede unitaria, tal e como explicou hoxe a alcaldesa, Inés Rey, "isto dificultaba o tratamento das augas no seu tránsito cara a depuradora". Por iso, o Executivo local apostará por estender ata Comeanda o modelo separativo sobre o que se está a traballar no conxunto da cidade, para garantir a sostibilidade e eficiencia do ciclo de auga.

Ao igual que xa se fixo tempo atrás no núcleo poboacional de Bens, está previsto actuar sobre as antigas tubaxes da rede, que serán renovadas e substituídas por novos colectores de PVC -máis resistentes e seguros ante posibles fugas-. Isto aparellará, ademais, a creación das infraestruturas de pluviais.

De paso, o Concello ten previsto soterrar as canalizacións municipais da instalación eléctrica que dá subministro á rede de iluminación do núcleo, no canto do cableado aéreo.

Pavimentado da calzada e reforma da fonte do núcleo

Tal e como indicou hoxe a alcaldesa, a intervención sobre a rede de saneamento municipal no lugar da Comeanda irá acompañada da renovación do firme da calzada, con pavimentos diferenciados nos carrís de tránsito rodado e nos máis próximos ás vivendas, co obxectivo de reforzar a seguridade viaria das veciñas e veciños.

Ademais, no contexto dos traballos tamén está previsto executar melloras na fonte do núcleo, un compromiso que tamén asumiu o Goberno municipal nos encontros informativos mantidos coas persoas residentes.

Os traballos na Comeanda, que suporán un investimento de 400.000 euros, xa serán visibles sobre o terreo nos vindeiros días, coa progresiva chegada da maquinaria de obra e a instalación das casetas de traballo en puntos próximos ás zonas de actuación.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión