Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

16 de mayo de 2021

O Concello inicia as obras para construír un parque infantil e unha área biosaudable en San Vicente de Elviña

O Goberno local busca dinamizar os barrios e dotalos de espazos para usos deportivos e lúdicos

O Concello iniciou esta semana as obras para construír un parque infantil e unha área biosaudable en San Vicente de Elviña, na  rúa Rebandas, entre as vías As Carballerias e Antonio Ínsua Rivas

O Goberno local adxudicoulle á empresa Jardinería Arce S.L as obras por un importe de 195.000 euros e un prazo de execución de tres meses. A actuación serve para lle dar resposta a unha demanda veciñal, xa que na zona non existe ningunha área de xogo, nin espazo de exercicios para as persoas maiores. O proxecto prevé a creación de dúas zonas, unha destinada  a nenas e nenos de entre 3 e 8 anos (aínda que inclúe xogos para crianzas de menor idade), e outra zona onde se instalarán elementos biosaudables para persoas adultas.

O executivo de Inés Rey prosegue así co seu plan para construír zonas de ocio infantil nos barrios que carecen deste tipo de instalacións e de habilitar espazos urbanos de calidade tanto para uso deportivo como para uso lúdico. O Goberno Local busca dinamizar os barrios e dotalos de maiores servizos e que todos dispoñan dun espazo de lecer, así como garantir a accesibilidade de toda a veciñanza.

Doutra banda, o vindeiro martes está previsto o inicio dos traballos de iluminación na rúa Francisco Pérez Carballo. A actuación consiste na instalación de 6 columnas de 10 metros de altura e a implantación de 11 luminarias led no viario. Con iso ilumínase un tramo de rúa que carecía de iluminación municipal e substitúese a iluminación obsoleta de descarga no resto da vía (5 luminarias).

A pesar de que se aumentan os puntos de luz, o cambio á tecnoloxía led dos actuais puntos de descarga existentes nunha parte da vía, orixina un aforro 2.700  kwh ao ano, o que supón unha redución de consumo de enerxía dun 43,3%. Este aforro enerxético representa un aforro económico aproximado anual de 500 euros.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión