Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de agosto de 2026

O Concello investirá máis de 1,4 millóns de euros nun novo Posto de Mando Avanzado e un furgón de salvamento para os servizos de emerxencias

Os vehículos, de grandes dimensións e completamente equipados, empregaranse nos operativos do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento (SEIS)

O Concello sacou a licitación a subministración e servizo de mantemento integral dun novo vehículo de Posto de Mando Avanzado (PMA) para as operacións do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento (SEIS). Esta base móbil estará totalmente equipada con equipos de última tecnoloxía, e ten un orzamento base de licitación de 713.726,43 euros

"Desde o Goberno de Inés Rey traballamos para asegurar que os servizos de emerxencia teñen os mellores equipamentos, porque investir nestes servizos significa no só mellorar a vida da cidadanía, senón salvar vidas nos operativos. A máis recursos para os profesionais, máis seguridade para todos e todas", explicou Montserrat Paz, concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade. 

A empresa adxudicataria do contrato comprometerase, ademais da subministración do vehículo, a garantir a execución dun servizo técnico de asistencia e mantemento do vehículo e equipamento especial do Posto de Mando Avanzado (incluíndo consumibles e pezas de desgaste) e dun servizo técnico de asistencia e mantemento do equipamento tecnolóxico, informático e de comunicacións. 

O Posto de Mando Avanzado estará dotado tamén cunha sala de comunicacións e unha sala de reunións. Tamén se esixirán uns requisitos mínimos e necesarios para o cumprimento das funcións do vehículo, como unha capacidade mínima de 130 litros de combustible no depósito, rodas con aros de aceiro, toma de corrente móbil, a infraestrutura e mobiliario necesarios para operar na sala de comunicacións ou unha estación meteorolóxica, entre outras prestacións. 

O Concello tamén sacou a licitación recentemente, e como parte do plan de renovacións dos recursos dos servizos de emerxencias, a subministración dun Furgón de Salvamentos Varios, cun orzamento base de 697.028,98 euros

Este segundo vehículo, de menores dimensións, tamén estará amplamente equipado para o desenvolvemento dos operativos en diversas condicións xeográficas e ambientais, con sistema de instalación eléctrica, un motor de arranque con potencia suficiente para funcionar a baixas temperaturas, sistema de arranque rápido e unha capacidade de tracción mínima de 6.000 kg, entre outros requisitos mínimos. O prazo de entrega será de 15 meses desde a formalización do contrato.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión