Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de septiembre de 2026

O Concello inviste máis de 450.000 euros no novo espazo lúdico deportivo no parque Adolfo Suárez

O proxecto, na contorna de San Pedro de Visma, transformará e reforzará equipamentos e servizos de lecer nunha área de máis de 800 metros cadrados nunha zona onde está a levarse a cabo un gran desenvolvemento urbano

O Concello comezou recentemente as obras do espazo lúdico deportivo no parque Adolfo Suárez, cun investimento no proxecto de máis de 445.000 euros. Habilitaranse neste espazo novas áreas de xogo con gran variedade de oferta lúdica para nenos e nenas, con zonas de árbores para xerar sombra. Esta intervención forma parte da estratexia a grande escala do Goberno de Inés Rey para a mellora e ampliación das zonas de xogo e de lecer para os máis pequenos, complementada tamén cun constante reforzo das instalacións públicas para practicar deporte ao aire libre.

Grazas a este proxecto, haberá ademais unha pista multideporte con céspede artificial, que terá un valado de protección de 4,5 metros de alto para evitar que os balóns escapen. O complexo contará tamén con novas zonas biosaudables para practicar deporte ao aire libre, desde bancos de abdominais ata bicicletas elípticas ou zonas de estiramento.

"Visma é unha zona en eclosión nesta cidade. Nun futuro xa moi próximo miles de novas familias chegarán a esta área grazas aos proxectos de desenvolvemento urbanístico en marcha. Por iso, este Concello está a pór todos os esforzos en reforzar os servizos e os equipamentos, e iso inclúe, por suposto, o esparexemento de persoas de todas as idades, para que a cidadanía poida facer vida no seu propio barrio poñemos todos os recursos ao noso alcance",apuntou o concelleiro de Infraestruturas, Jesús Celemín.

Ademais, esta obra creará unha área de xogo infantil baseada na integración dos xogos habituais con xogos accesibles e adaptados para nenos e nenas con algunha discapacidade, para que tamén eles poidan gozar do parque (por exemplo coa colocación dunha randeeira-cesta). Tamén se reforzará a iluminación do perímetro e se dotará ao complexo dunha nova fonte para beber auga e de novo mobiliario. A obra afectará a unha superficie de máis de 800 metros cadrados. Entre os novos elementos de xogo están unha estrutura en forma de avión e outra de superación de obstáculos.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión