Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de julio de 2026

O Concello licita a xestión dos Centros Deportivos Municipais de San Diego e O Castrillón, que terán mellores instalacións e equipamentos e un horario máis extenso

O contrato inclúe a execución de todas as obras de mellora e modernización necesarias a conta da futura concesionaria, que terá os dereitos de explotación por 30 anos e fará investimentos de mellora por máis de 6,5 millóns de euros

 A alcaldesa, Inés Rey, deu conta esta mañá do contido da Xunta de goberno na que o Concello aprobou sacar a licitación a xestión dos centros deportivos de San Diego e O Castrillón. A concesión será por un período de 30 anos sen posibilidade de prórroga, dándolle resposta á necesidade de dotar a estes dous centros que suman milleiros de abonados dos mellores e máis modernos medios materiais, humanos e técnicos, acometendo ademais melloras estruturais e obras de remodelación.

"É un contrato moi importante porque estes dous puntos danlle servizo a milleiros de veciños e veciñas ofrecendo actividades de todo tipo e para todas as idades", valorou a alcaldesa, Inés Rey. 

Ademais da mellora da oferta deportiva nestes complexos, o futuro adxudicatario deberá comprometerse a facer investimentos de remodelación importantes, especialmente no Centro Deportivo de San Diego, por unha contía non menor de 676.799 euros o primeiro ano e con novas intervencións de modernización do material e das instalacións cada cinco anos, investindo ao menos 200.000 euros en cada quenda, nos anos 6, 11, 16, 21 e 26 da concesión. En total, ao longo dos 30 anos de concesión, estímase que o investimento en ambos os centros rondará os 6,5 millóns de euros. Nestas actuacións, explicou Rey, están incluídas melloras como, por exemplo, a modernización dos sistemas de auga quente sanitaria, os de ventilación e climatización, a fontanaría e tamén os sistemas de filtración e tratamento de auga das piscinas. Formúlanse tamén melloras de accesibilidade no interior do polideportivo e actuacións na envolvente. Non na súa totalidade, senón en partes onde os informes técnicos detectaron posibilidades de mellora, como son os envidraros e as vidreiras da piscina.

"Todo isto é fundamental porque cremos que non se trata só de ter instalacións deportivas funcionando na cidade, senón de ter as mellores instalacións posibles, co mellor material deportivo e os medios humanos e técnicos que lle garantan as mellores prestacións á veciñanza", engadiu Inés Rey. 

Tal e como explicou a alcaldesa, o obxectivo xeral da apertura deste proceso é mellorar a calidade dos servizos prestados ás persoas usuarias e a funcionalidade do centro; por esta razón incluíuse tamén no proxecto a execución de todas as obras para a súa remodelación a conta da empresa que se faga cargo, blindando así a modernización e optimización destas dependencias deportivas vitais para a cidade.

Unha vez realizadas as obras no centro deportivo de San Diego, acondicionaranse as salas para a práctica das distintas disciplinas deportivas con equipamentos e materiais renovados. "En definitiva, facer todo aquilo que redunde nun incremento na calidade do servizo e no material que poderán porse ao dispor das persoas usuarias", apuntou Inés Rey. 

A concesión preséntase como un lote único para a xestión de ambos os centros. "Cremos que así ofrecemos maiores garantías e vantaxes económicas. A explotación conxunta das dúas instalacións deportivas permite compensar as diferenzas de rendibilidade que poidan existir entre ambos os centros xestionados de forma separada, dando lugar a unha maior capacidade de xeración de ingresos e garantindo así a sostibilidade económica global do contrato" explicou Rey. Esta xestión conxunta permitirá a creación dun carné único para ambas as instalacións, polo que as persoas usuarias poderán facer uso de ambos os centros indistintamente, o que, sinalou a alcaldesa, "supón un grande avance para a veciñanza". Terase en conta tamén na avaliación das ofertas os proxectos que garantan as mellores condicións laborais do persoal dos centros, coa subrogación da plantilla actual e apostando pola formación e os dereitos dos traballadores e traballadoras. 

Ademais, a alcaldesa tamén incidíu en "asegurarse de que o novo servizo garantirá unha programación de actividades o máis ampla e diversa posible, introducindo como factor central a inclusividade, as opcións adaptadas a todos os todos os colectivos e condicións da veciñanza e potenciando a innovación con, por exemplo, actividades físicas e deportivas en modalidade en liña. 

O contrato non só permitirá a renovación integral de San Diego, senón que ampliará a oferta deportiva existente nos dous centros con maquinaria e instalacións modernas e da mellor calidade. Entre as melloras establecidas figura tamén unha ampliación do horario de atención ao público, de tal xeito que no canto de abrir as portas ás 08.00 horas, como actualmente, empezarán a dar servizo ás 07.00, unha hora máis que lles facilitará a moitas persoas que traballan con horarios de mañá que poidan tamén acudir ao ximnasio a primeira hora cando ata o momento non podían facelo. 

"Coido, pois, que pagou a pena a espera, porque teremos dous centros mellor dotados e con maior horario de atención ao público, dous centros que seguen ser hoxe unha referencia pero que o serán aínda máis cando se adxudique o contrato", rematou Inés Rey. Con este avance o Concello reforza a súa aposta por manter unha oferta deportiva de calidade, inclusiva e accesible en todos os barrios da cidade, ademais de continuar no noso empeño de mellorar as instalacións e o equipamento en todas as áreas.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión