Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de noviembre de 2025

O Concello licita as obras para remodelar os baixos da Finca dos Mariño, que se recuperarán para lles dar soporte ás actividades acuáticas no Matadoiro

O obxectivo: adecuar os locais como un novo equipamento deportivo de apoio ás actividades acuáticas que se desenvolven na contorna do Matadoiro

O Concello avanza coa folla de ruta prevista ao abeiro da primeira fase do Plan de mellora dos equipamentos deportivos, que hoxe recibiu un novo pulo coa saída a concurso doutras dúas actuacións que suporán un investimento total de 200.000 euros.

A primeira destas intervencións será a remodelación dos locais baleiros que hai no miradoiro de Berbiriana, no predio coñecido como antiga Finca dos Mariño. O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, e voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, informou este mércores de que a Xunta de Goberno Local aprobou a licitación dos traballos para actuar nos baixos, co obxectivo de recuperalos como un novo equipamento deportivo de apoio ás actividades acuáticas que se desenvolven na contorna do Matadoiro.

"Pola súa localización e tamén polas posibilidades que ofrecen os baixos, entendemos que serán moi útiles como espazos de almacenamento do material deportivo, que prestarán servizo a programas deportivos municipais que inclúen, por exemplo, a iniciación en disciplinas como o surf", explicou Lage, que detallou que os traballos permitirán mellorar a accesibilidade dos locais e, ademais, facelos máis diáfanos de cara aos seus novos usos.

Saen a concurso os traballos para renovar o sistema ACS do Palacio dos Deportes

Ademais dos traballos para adecuar os baixos da Finca dos Mariño, o Concello dará continuidade ao abano de melloras previstas no Palacio dos Deportes de Riazor, que renovará o seu sistema de auga quente sanitaria (ACS), unha intervención fundamental para adecuar as instalacións ás necesidades actuais das persoas usuarias e dos clubs que fan uso do Palacio a diario.

O voceiro do Executivo local lembrou que as actuacións de mellora do Palacio estanse a facer de forma progresiva, co obxectivo de non obstaculizar o desenvolvemento da actividade deportiva que alí se leva a cabo. Neste sentido, a inicios deste ano completouse tamén a renovación da instalación eléctrica do edificio, o que permitiu garantir unha mellor subministración de enerxía, máis eficiente.

Luz verde ao informe de viabilidade económica do campo de golf da Torre

Na rolda de prensa desta mañá, tras a Xunta de Goberno Local, Lage Tuñas tamén avanzou que o Concello segue a dar os pasos necesarios para que, proximamente, saia a licitación a concesión do campo municipal de golf na Torre.

"Hoxe aprobamos o informe de viabilidade económica e financeira relativa á concesión. É un paso clave e preceptivo ao inicio dos trámites de contratación. O noso obxectivo é promover a iniciación ao golf entre a mocidade da Coruña, e esta será unha liña de acción moi destacada na política deportiva municipal de cara aos vindeiros anos. Obviamente, a próxima saída a concurso da concesión do campo de golf inclúe melloras no recinto, que deberá acometer a empresa adxudicataria", indicou o edil.

Das 23 actuacións do Plan de equipamentos deportivos, un terzo están en marcha

Hoxe, Lage fixo fincapé nos "avances constantes" da primeira fase do Plan de mellora dos equipamentos deportivos, que, con 23 intervencións anunciadas, conta con máis dun terzo delas xa en licitación, en execución ou rematadas.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión