6 de agosto de 2026
A actuación está dentro da ampla programación de mantemento, conservación e reparación de beirarrúas que está a modernizar e ampliar os percorridos peonís en todos os barrios da cidade
O Concello comezará nos próximos días o proxecto de prolongación de beirarrúas e colocación dun novo paso peonil na rúa Carré Alvarellos, no barrio de Eirís. A actuación, cun investimento duns 25.000 euros e un prazo de finalización de aproximadamente un mes, responde a unha necesidade de mellora da accesibilidade da que deu conta a propia veciñanza.
Esta obra forma parte da ampla programación de mantemento, conservación e reparación de beirarrúas e áreas peonís, coa que o Goberno de Inés Rey está a modernizar as rúas e calzadas da cidade, un proceso no que ten unha grande importancia a escoita ás peticións veciñais e que avanza cara a un modelo de mobilidade máis sostible e con máis protagonismo para as peoas e peóns.
"Non hai actuacións pequenas. O Concello ten o deber de estar pegado a cada rúa, a cada beirarrúa. Este tipo de intervencións supoñen unha mellora substancial para a veciñanza do barrio. A accesibilidade é unha parte fundamental do noso traballo, e por iso estamos a mellorar o ordenamento e os equipamentos barrio a barrio", subliñou Jesús Celemín, concelleiro de Infraestruturas.
A obra traerá ao tramo central da rúa un novo paso peonil elevado, que, ademais de facilitar o tránsito, contribuirá a que os vehículos minoren a velocidade. Este cruzamento súmase aos dous xa existentes na contorna, que se manterán no mesmo punto. Ademais, colocarase un novo tramo de beirarrúa, co que se ampliará deste xeito o percorrido peonil e a comunicación entre ambos os lados da estrada.

19 de septiembre de 2026

15 de septiembre de 2026

14 de septiembre de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible