Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

2 de abril de 2026

O Concello mellorará o pavimento no Paseo Marítimo no tramo entre o Aquarium e a Torre de Hércules entre os días 6 e 13 de abril

Para circular no sentido do Aquarium mentras dure a actuación, establecerase un roteiro alternativo pola Rolda de Monte Alto

Os traballos de reparación e mellora do firme de calzada que efectuará o Concello no Paseo Marítimo obrigarán a facer varios cortes e restricións ao tráfico en diferentes tramos a partir do luns, 6 de abril, cando se empezará coa primeira fase da actuación, coa pavimentación do carril do Paseo pegado ao mar entre a rotonda do Aquarium Finisterre e a da Torre de Hércules, durante o luns e o martes entre as 9.30 e 19.30 horas. 

A seguinte fase levarase a cabo o mércores 8 de abril, tamén entre as 9.30 e as 19.30, coa pavimentación do último tramo da rotonda da Torre. A seguinte actuación será os días 9,10, 11 e 13 de abril coa pavimentación do carril interior do paseo entre a rotonda do Aquarium e a da Torre -tamén entre as 9.30 e 19.30-. 

No transcurso destas actuacións establecerase un roteiro de tráfico alternativo para compensar os cortes. Así, o tráfico desde a Torre cara á rotonda do Aquarium quedará cortado en todas as fases de obra, establecéndose como vía de circulación alternativa a rolda de Monte Alto. Con todo, o tráfico do sentido contrario (desde o Aquarium cara á Torre) manterase aberto no Paseo, primeiro polo carril interior e despois polo carril pegado ao mar, mentras se desenvolven os traballos da segunda fase.

Ademais, os días 8 e 13 de abril, haberá un desvío de tráfico á altura da rúa Veramar para acceder á Rolda de Monte Alto, xa que a rotonda da Torre estará totalmente cortada e non será posible o acceso dende a Avenida de Navarra, e só os autobuses urbanos poderán acceder ata a altura da rúa Hermanos de la Lejía. Para avisar aos condutores da incidencia, instalaranse carteis informativos á altura da rotonda de Veramar co Paseo Marítimo.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión