10 de noviembre de 2020
O Goberno propón unha rebaixa no imposto por herdanzas e unha bonificación do 50% na taxa por obras de rehabilitación en zona PEPRI. Levará á Pleno unha suba do 50% na taxa que aboan os caixeiros e dobrará a de licenza de apertura das salas de xogos. As rebaixas nas taxas e tributos suporán para o concello deixar de ingresar 680.911 euros ao ano, mentres as subidas supoñen 31.912 euros máis. Así, a baixada de impostos suporá unha perda estimada de 648.999 euros na caixa municipal.
A alcaldesa, Inés Rey, anunciou hoxe a proposta de modificación das taxas e tributos locais que o Goberno municipal levará a Pleno esta semana. Os cambios afectan a un total de 9 ordenanzas e teñen como obxectivo, indicou a alcaldesa, "realizar un repartimento máis xusto das cargas fiscais e baixarlle os impostos a quen ten menos recursos". Rey anunciou que esta proposta recolle a exención da taxa de terrazas durante todo o ano 2021 para as hostaleiras e os hostaleiros da cidade.
Tamén inclúen unha rebaixa importante do imposto de construción instalación e obras (ICIO) para actuacións de rehabilitación, total ou parcial, que supoñan unha posta en valor da zona PEPRI. Así, quen leve a cabo tarefas de rehabilitación en vivendas ou edificios residenciais catalogados nese ámbito pagará a metade da taxa. "Trátase de buscar un incentivo máis para fomentar a recuperación da zona histórica da cidade", indicou Inés Rey.
A alcaldesa avanzou tamén unha rebaixa substancial do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (IVTNU), as coñecidas como "plusvalías". Esa rebaixa aplicarase nos casos de herdanza e incluirase un novo tramo de bonificacións que até o de agora non existía e que implicará unha redución de máis da metade do que aboaban até o momento as persoas afectadas por ese imposto.
Coa modificación proposta, A Coruña sería, xunto con Pontevedra, a cidade galega co imposto máis reducido e a única que aplica criterios de renda para ofrecer bonificacións.
Ademais, a ordenanza inclúe tamén na súa redacción a exención total da taxa para casos de execucións hipotecarias e dacións en pago. "Aínda que estes cambios supoñen unha redución substancial dos ingresos municipais, entendemos que nun momento como este é fundamental axudarlles aos que peor o están a pasar", dixo Rey, quen recordou tamén que as familias numerosas terán unha bonificación do 50% no recibo do lixo.
O concelleiro de Economía, Facenda e Réxima Interior, e voceiro do Goberno, José Manuel Lage Tuñas, especificou, por outra banda, que todos os cambios propostos suporán unha rebaixa da recadación para o concello de case 650.000 euros.
Lage Tuñas avanzou que o Goberno levará a Pleno a suba das taxas que aboan os titulares dos caixeiros de entidades bancarias accesibles desde a rúa e tamén as licenzas de apertura para salas do xogo na cidade. No primeiro caso, o incremento chega ao 50% (cada caixeiro pagaralle ao concello 630 euros ano, fronte aos 420 do anterior mandato) e ao 100% no caso das salas de xogo, bingos e casinos, que pasarían de 744 euros a 1.488 euros. "O incremento sobre as salas de xogo busca frear a proliferación dese tipo de negocios na cidade", indicou Lage Tuñas, quen recordou os crecentes problemas de ludomanías asociados ao xogo.
As rebaixas nas taxas e tributos implicarán para o concello deixar de ingresar 680.911 euros ao ano, mentres as subidas supoñen 31.912 euros máis. Así, a baixada de impostos suporá unha diminución estimada de 648.999 euros na caixa municipal.
Tamén se levarán a Pleno outros cambios, como unha actualización das tarifas do servizo de extinción de incendios, que non ten incidencia na cidadanía, xa que as aboan as compañías aseguradoras, e regularízase a situación alegal en que se atopaban as praceiras de Durmideiras, se equiparamos as súas tarifas coas do Mercado de Monte Alto.
OS CAMBIOS NAS ORDENANZA
|
Nº53 Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana. Herdanzas |
Novos tramos de renda para ofertar máis bonificacións. Pásase de tres tramos con bonificacións do 95, 30 e 20% a catro con 95, 70, 30 e 20%. |
|
Nº55 ICIO |
Bonificación do 50% das taxas por rehabilitación de vivendas en edificios catalogados en zona Pepri. |
|
Nº6 Recollida de lixo |
Bonificación do 50% nas tarifas para familias numerosas. |
|
Nº28 Terrazas |
Disposición transitoria pola que se exime do cobro da taxa a todos as/os hostaleiros durante el año 2021. |
|
Nº4 Aumento da licenzas de apertura para salas de xogo |
Incremento do 100% para aperturas de salas de xogo, bingos e casinos. De 744 euros a 1.488 euros. |
|
Nº32 Caixeiros |
Aumento da taxa anual que aboan os titulares dos caixeiros con aceso desde a rúa. Pasa de 420 a 630 euros ao ano. |
|
Nº8 Contribucións especiais. Extinción de incendios |
As taxas por servizos de bombeiros, que aboan as aseguradoras, actualízanse para ver de cubrir parte dos custes do servizo, sen repercutir eses custes aos cidadáns. |
|
Ordenanzas nº30 Mercados Municipais |
Regularízase a situación irregular do mercado de Durmideiras equiparando as súas tarifas coas de Monte Alto e dando amparo legal ás placeiras. Fíxanse tarifas co mesmo fin para usos puntuais das plantas altas de Santo Agostiño e praza de Lugo. |
|
Nº16. Museos |
Simplifícanse as tarifas e ordenarase a redacción. |
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible