13 de agosto de 2026
A convocatoria reúne 345 grupos para infancia, mocidade, persoas adultas e maiores. A preinscrición estará aberta os días 1, 2 e 3 de setembro e as actividades comezarán o día 28
O Concello da Coruña presenta a nova programación de actividades socioculturais que se desenvolverá durante os meses de setembro a decembro na rede de centros cívicos municipais. A convocatoria ofrece 345 grupos e máis de 5.100 prazas, cunha proposta diversa destinada a persoas de todas as idades e distribuída polos barrios da cidade.
A oferta inclúe 40 grupos dirixidos á infancia, 27 para a mocidade, 216 de carácter interxeracional e 62 específicos para persoas maiores. A programación busca favorecer o benestar físico e emocional, a aprendizaxe, a creatividade, a inclusión dixital e a convivencia, consolidando os centros cívicos como espazos de encontro e participación próximos á veciñanza.
A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, subliñou que "os centros cívicos son equipamentos fundamentais para a vida dos barrios, porque ofrecen oportunidades para aprender, coidarse, relacionarse e compartir experiencias durante todo o ano. Con esta nova convocatoria mantemos unha programación ampla, accesible e adaptada ás distintas etapas da vida".
Entre as propostas para a infancia figuran actividades de animación en stop motion, deseño de personaxes manga, cociña, inglés, xestión das emocións, apoio escolar, baile e traballos manuais. Para a mocidade ofértanse, entre outras, accións de reforzo educativo, conversa en inglés, danza urbana, preparación de menús saudables e actividades orientadas ao autocontrol, á convivencia e á práctica físico-deportiva.
A programación interxeracional abrangue disciplinas como ioga, pilates, tai-chi, control postural, baile, fotografía, pintura, costura, cociña, nutrición, informática ou uso do teléfono móbil. A oferta para persoas maiores reforza especialmente a estimulación cognitiva, o exercicio adaptado, a prevención de caídas e a adquisición de competencias dixitais para favorecer a súa autonomía persoal.
A preinscrición realizarase os días 1, 2 e 3 de setembro a través da páxina web do Concello. As persoas que non dispoñan de acceso a Internet poderán recibir apoio telefónico no número 857 890 628.
CALENDARIO DO PROCESO DE INSCRICIÓN
1, 2 e 3 de setembro | Preinscrición
7 de setembro | Publicación das listaxes provisionais
8 de setembro | Presentación de reclamacións a través do servizo de atención telefónica
9 de setembro | Actualización das listaxes provisionais
10 de setembro | Sorteo para a adxudicación das prazas
21 de setembro | Publicación das listaxes de admisión e de agarda
22, 23 e 24 de setembro | Formalización da inscrición e pagamento das taxas
28 de setembro | Inicio das actividades e xestión das listaxes de agarda

12 de octubre de 2026

11 de octubre de 2026

10 de octubre de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible