16 de febrero de 2025
A concellaría de Medio Ambiente organiza un ciclo de conferencias, talleres e visitas guiadas sobre biodiversidade, coidado de mascotas e economía circular e aforro no fogar
O Concello da Coruña continúa reforzando a oferta de actividades nos centros cívicos municipais. Os días 27 de febreiro e 5 e 13 de marzo o Concello pon en marcha un ciclo de actividades dirixidas a fomentar a educación ambiental que se centrarán en tres aspectos clave: o coñecemento e o respecto da biodiversidade da nosa cidade, o coidado de mascotas e as posibilidades de coidar o planeta desde casa, aforrando enerxía e reciclando de forma máis eficiente.
As actividades, totalmente gratuítas, estarán impartidas por expertos ambientais e en dúas delas haberá saídas que complementarán o aprendido. O programa forma parte da batería de medidas formativas no respeto ao medio ambiente impulsadas polo Goberno de Inés Rey.
A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, sinalou que "é moi importante estender a educación ambiental a todas as franxas de idade". "Desde o Concello facemos un gran traballo coas actividades educativas nos centros escolares pero é necesario transmitir que o coidado da contorna, que en definitiva é o coidado do planeta, é responsabilidade de todos, por iso estes talleres están abertos a toda a cidadanía".
Esta nova iniciativa consta dun ciclo de tres actividades. A primeira delas celebrarase no centro cívico de Monte Alto o xoves 27 de febreiro, ás 18:30 horas. Trátase dunha charla sobre coidado de mascotas na que se incidirá sobre a tenencia responsable, a mellora do benestar dos animais, as posibilidades de adopción e a nova lexislación que afecta as persoas propietarias de cans, gatos e outros animais domésticos. A actividade está dirixida non só ás persoas donas de mascotas senón tamén a quen estea pensando en incorporar un animal doméstico á súa vida. Esta actividade completarase cunha visita posterior ás instalacións do centro municipal de acollida de animais.
A segunda das actividades, centrada na biodiversidade, permitirá aos participantes aprender sobre as aves que habitan na cidade, como identificalas e a súa contribución fundamental á natureza. A actividade consta de dous partes: o mércores 5 de marzo haberá unha conferencia no Centro Cívico de san Diego e nunha data posterior organizarase unha saúda de observación ao Monte de San Pedro con prismáticos e guías de campo.
Por último, o xoves 13 de marzo, no centro cívico de Monelos, expertos en educación ambiental ofrecerán unha charla na que os asistentes poderán aprender a importancia de coidar o expón desde nosa propias casas, con consellos prácticos sobre aforro de auga e enerxía, redución de residuos, reciclaxe e consumo responsable.
Toda a información sobre as actividades estará dispoñible na web municipal e nos centros cívicos. A inscrición pode facerse no teléfono 981 903 834 ou no correo electrónico educacionambiental@coruna.gal

26 de enero de 2026

19 de enero de 2026

16 de enero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible