Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

11 de abril de 2026

O Concello organiza este domingo un ciclo de actividades lúdicas no mercado sostible da praza de San Cristovo

A programación desta nova edición inclúe talleres para nenos e nenas e unha charla divulgativa acerca do mel cru

Este domingo  12 de abril o mercado ecolóxico de San Cristovo, organizado polo Concello para promover o consumo responsable na cidade, realizará un novo ciclo de actividades didácticas e lúdicas gratuítas para toda a familia.

A oferta inclúe propostas para todos os gustos, incluídos talleres dirixidos a nenos e nenas. A programación completa é a seguinte:

  • 10.00-15.00 h: Espazo de dinamización infantil "Arte do residuo"

  • 11.00-13.00 h: Visita de Uskoruña

  • 11.30-12.30 h: Obradoiro infantil de refugallo "Tulipáns de choiva". Entrada gratuíta, logo da inscrición previa, que se completará no propio mercado a partir das 10.00 h. A capacidade é limitada a 15 persoas, e a duración é dunha hora.

  • 13.00 h: Charla divulgativa con Dévalo Mel, "O lado vivo do mel: Mel cru, puro e poderoso", acerca do proceso de recollida de mel cru, as súas propiedades e a súa orixe desde a acción das abellas ata o envasado para o consumo humano. 

Ao mercado deste domingo seguiralle outro este mes, no Campo da Leña, o próximo 19 de abril, tamén organizado polo Concello. A iniciativa, que xa levou estes mercados a distintos puntos da cidade no que vai de ano, foi pensada polo Goberno local para achegar, de forma lúdica e participativa, os beneficios da economía circular e do consumo responsable á cidadanía.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión