3 de octubre de 2025
As viaxes son gratuítas e diríxense a persoas maiores de 50 anos, con inscricións nas conserxarías dos centros
O Concello activa un programa municipal de excursións culturais para a veciñanza maior de 50 anos, totalmente de balde, con dúas rutas: Percorrido A (Valença do Minho-Tui) e Percorrido B (Pontevedra-Combarro). A inscrición realizarase nas conserxarías dos centros cívicos en horario de apertura. Cada persoa solicitante poderá retirar dúas prazas, e a visita nas localidades será libre co xantar por conta propia. "Desde o Goberno de Inés Rey continuamos a impulsar actividades nos centros cívicos para as persoas maiores, complementando unha oferta anual moi completa", indicou Nereida Canosa, concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación.
O Percorrido A comeza o mércores 22 de outubro cos centros do Castrillón, Palavea, Monelos, Os Mallos e Labañou (un autobús por centro). O mércores 5 de novembro participan Novoboandanza, Os Rosales, Elviña, San Diego, Monte Alto e Mesoiro. En total, mobilízanse 19 autobuses (54 prazas por bus; cando se comparte, 27 por centro). O Percorrido B (Pontevedra-Combarro) está previsto para os centros cívicos da Cidade Vella, Eirís e para todos os centros veciñais, con datas o 31 de outubro e o 11 de novembro.
As saídas efectuaranse ás 9.30 horas desde cada punto asignado e o regreso á Coruña está previsto a partir das 19.30 horas. As paradas de carga/descarga por centro están preestablecidas (por exemplo, Praza de Pontevedra para Artesáns; Porta Real para Cidade Vella; Rolda de Outeiro-Bingo para Novoboandanza; Av. de Arteixo-Centro de Saúde para Os Mallos; e no Birloque, polideportivo, parada 343). A listaxe completa está dispoñible nos centros.
"Estas saídas fomentan o envellecemento activo e a vida en comunidade, achegando cultura e convivencia á nosa veciñanza maior. É unha oportunidade para gozar, aprender e compartir, con todas as facilidades e seguridade que ofrece o Concello", indica Nereida Canosa, que salienta a aposta do Goberno de Inés Rey polas organización de actividades sociais e culturais para todos os públicos ao longo de todo o ano.
Programación completa por días

13 de mayo de 2026

13 de mayo de 2026

12 de mayo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible