Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

20 de septiembre de 2026

O Concello outorga os XXXIX premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación

Os galardones distinguen unha decena de proxectos de diferentes disciplinas relacionados coa divulgación científica

O xurado dos XXXIX premios Prisma Casa das Ciencias á Divulgación, un galardón impulsado polo Concello a través de Museos Científicos, decidiu hoxe os gañadores e gañadoras da presente edición, cunha selección interdisciplinaria de profesionais de diferentes ámbitos relacionados coa divulgación científica, como o xornalismo, a literatura, o audiovisual ou a innovación. 

"Os premios Prisma son xa toda unha institución nesta cidade. O Goberno de Inés Rey seguiu e reforzou esta iniciativa ao longo destes anos porque entende que é tarefa do Concello incentivar e premiar a excelencia e promover a nacemento de ideas novas e apaixonantes no terreo das ciencias. De novas formas de facer as cousas. Todo iso premiamos co Prisma", subliñou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

A listaxe de galardoados cos Prisma de Bronce son:

  • Mellor traballo en vídeo: "La luz con el tiempo dentro", de Elena Alonso Redondo, Luis Gómez Juanes e Paloma Banderas Bielicka, por facer accesible e emocionante un fenómeno físico de enorme complexidade sen descoidar o lado humano da investigación científica.

  • Mellor traballo en novos medios: canle de YouTube "Cuarentaydos", de José Luis Oltra Calatayud, pola calidade, creatividade e dinamismo dunha produción divulgativa consolidada.

  • Mellor proxecto de divulgación científica sobre a auga no medio urbano: "Del cloro a la diversidad", de Bárbara Martínez Escrich e Mónica López Martínez do Instituto Municipal de Gestión Medioambiental-Real Jardín Botánico de Córdoba, pola súa orixinalidade e marcada visión didáctica.

  • Mellor artigo xornalístico: "ChatGPT no pasa la prueba: así pone en peligro la vida de los menores", de Isabel Rubio Arroyo para El País, por poñer en evidencia a través da experimentación directa e o coñecemento de fontes expertas o risco da falta de controis efectivos na tecnoloxía ao alcance dos menores.

  • Mellor traballo en radio: "Calvet en bicicleta" de Manuel Vicente García, César Martínez Pérez, Rosa Pedrido Castiñeiras, Estíbaliz Espinosa Río e Juan José Fernández Gómez por aproveitar todas as posibilidades dunha experiencia estética sonora integral.

  • Mellor proxecto singular: "#LaCienciaDel100" de Navarrabiomed-Fundación Miguel Servet, por propoñer unha innovadora experiencia de divulgación científica e trasladala con eficacia ao medio dixital.

  • Mellor libro editado: "Viaje al planeta de los insectos", de Chema Catarineu para Tundra Ediciones, por utilizar os insectos como vía para abordar conceptos máis amplos e polo emprego do humor e recursos visuais para despertar a curiosidade de lectores e lectoras inesperados.

  • Ademais, o xurado decidiu outorgarlle o Prisma Especial do Xurado a "Desgranando Ciencia", pola traxectoria dun evento que conxuga múltiples fórmulas de divulgación científica co fomento da participación cidadá.

Tamén se decidiu outorgar mencións honoríficas nas modalidades seguintes:

  • Mención de honra na categoría de vídeo para "O camiño de cova Eirós", de José González Varela.

  • Mención honra na categoría de radio para "Vis a vis con la ciencia", do Museo Nacional de Ciencias Naturales.

O premio Prismas é unha iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses-Concello da Coruña que pretende potenciar a difusión da cultura científica en España, e apoiar a todas e todos os profesionais que traballan neste campo. O xurado estivo composto pola presidenta, Rocío Benavente (xornalista científica adxunta á dirección da Fundación Maldita ), o xefe de servizo de Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez Maldonado, que actuou como secretario, e os vogais Gemma del Caño (farmacéutica especialista en industria alimentaria e divulgadora científica), Yolanda Golías (profesora da Área de Didáctica das Ciencias Experimentais da Universidade da Coruña ) e Diego Ortega (profesor de Didáctica da Expresión plástica da Universidade de Jaén e ilustrador científico).

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión