18 de febrero de 2026
O alumnado dos colexios da cidade poderá facer rutas e actividades nas prazas de abastos municipais para coñecer desde dentro o funcionamento e degustar os produtos locais
O Concello ofrecerá, ao longo dos dous próximos cursos escolares, novas sesións para escolares do programa "Visita o teu mercado", que lle achega os produtos locais e o funcionamento das prazas de abastos ao alumnado do último curso de infantil (5 anos) e do primeiro e segundo ciclo de primaria (1.º, 2.º, 3.º e 4.º).
O proxecto, que está actualmente en fase de licitación, consistirá na realización dun máximo de 70 visitas gratuitas durante os períodos escolares de 2026 e 2027, aínda que a cifra final dependerá das solicitudes de participación enviadas polos centros educativos.
As sesións levaranse a cabo nos mercados de Santo Agostiño, Eusebio da Guarda, Elviña, Monte Alto e Durmideiras, e incluirán actividades como:
Percorrido polos diferentes pavillóns, onde se realizarán actividades lúdicas e prácticas adaptadas á idade do alumnado
Participación en obradoiros didácticos
Degustación dun aperitivo con produtos do mercado e un batido de froitas natural
Entrega de premios e sorteos
O obxectivo deste tipo de iniciativas é, ademais de darlle a coñecer o funcionamento dos mercados municipais á mocidade, divulgar un estilo de alimentación equilibrado e saudable, con produtos autóctonos de primeira calidade e receitas sinxelas e atractivas para todas as idades. A medida enmárcase dentro das accións postas en marcha polo Goberno de Inés Rey tanto para o fomento do pequeno comercio como para a promoción de estilos de vida saudables.

16 de marzo de 2026

24 de febrero de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible