Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

28 de junio de 2026

O Concello porá en marcha a semana que vén os traballos para renovar a instalación eléctrica do Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón

As melloras previstas na rede do castelo suporán un investimento de máis de 400.000 euros, financiado con fondos estatais grazas a unha subvención acadada polo Concello

A vindeira semana, o Concello porá en marcha as obras de mellora previstas no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón, unha iniciativa impulsada polo Goberno municipal co obxectivo de modernizar as infraestruturas do museo atendendo ás súas necesidades actuais.

A intervención centrarase especialmente na rede de subministración eléctrica, que será renovada de forma integral. Adecuaranse as canalizacións e tamén se delimitará un novo trazado para as redes de distribución das instalacións eléctricas, hidráulicas e de telecomunicacións. Ademais, tamén se actuará na fontanería do museo e, de paso, tamén se executarán melloras no itinerario de acceso ao Castelo, onde se intervirá sobre o pavimento da rampla existente entre a Casa do Botero e o recinto amurallado.

A alcaldesa, Inés Rey, subliñou a importancia desta medida, "fundamental para adecuar as instalacións do Museo Arqueolóxico e, desta forma, garantir a mellor prestación posible do servizo de atención ás persoas visitantes".

As obras, adxudicadas á empresa Tecnored, suporán un investimento de máis de 400.000 euros, financiado con fondos estatais grazas a unha subvención do Ministerio de Industria e Turismo acadada polo Concello, que non só permitirá actuar en San Antón, senón no conxunto patrimonial da Cidade Vella e a súa contorna.

Sete actuacións previstas na Cidade Vella, grazas aos fondos acadados polo Concello

A posta en marcha das obras de mellora en San Antón abren camiño ás sete intervencións que obtiveron financiamento estatal para actuar nos principais enclaves patrimoniais da zona.

As outras seis medidas previstas son a restauración da praza de Santa Bárbara, a restauración do mausoleo de Sir John Moore, a posta en valor da Casa da Sinagoga, a posta en valor do xacemento de San Francisco, a mellora da sinalización patrimonial dos elementos BIC e do rueiro da Cidade Vella e a restauración da praza de Azcárraga.

De todas elas, as tres primeiras saíron xa a licitación e as tres últimas irán a fase de concurso proximamente.

Compromiso coa posta en valor dos Museos Históricos da Coruña

O abano de actuacións que se executarán no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón suporá un novo pulo ao plan de melloras proxectado polo Goberno de Inés Rey na rede de Museos Históricos da Coruña, da que San Antón é un dos seus principais emblemas.

Ao castelo súmase, ademais, o Castro de Elviña, onde tamén están en marcha importantes actuacións orientadas á súa posta en valor. Xa están activas as obras de construción do novo centro de apoio ás actividades arqueolóxicas no xacemento e, ademais, as do novo valado perimetral que permitirá reforzar a seguridade na contorna do Castro.

Inés Rey fixo fincapé na importancia destas dúas medidas, "clave para potenciar e visibilizar ambos os recintos e mellorar a experiencia e desfrute das persoas usuarias". A rexedora puxo como exemplo as visitas guiadas que se levan a cabo ao longo de todo o ano no Castelo e no Castro, mais tamén as recentes actividades das Xornadas Europeas da Arqueoloxía, que contaron coa participación de centos de persoas a mediados de mes.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión