Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

25 de abril de 2017

O Concello porá en marcha actuacións específicas encamiñadas a favorecer a empregabilidade en base aos estudos sobre as TIC encargados á UDC e Fundación Mujeres

O alcalde, Xulio Ferreiro, que participou na presentación dos traballos conveniados a través da Concellería de Emprego, destacou “os programas desenvolvidos por todo o Goberno para favorecer a contratación feminina”

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou esta mañá na presentación de dous informes encargados pola Concellería de Emprego e Economía Social tanto á UDC como a Fundación Mujeres sobre a situación de empregabilidade nos sectores das TIC (Tecnoloxía da Información e a Comunicación) e da Loxística, así como sobre a igualdade entre homes e mulleres no sector. O rexedor manifestou nun acto celebrado no Paraninfo da Universidade que os citados informes, elaborados en base a convenios municipais, servirán para artellar diversas actuacións e cursos por parte do Concello "para fomentar non só a creación de emprego, senón tamén para atender especialmente a aqueles colectivos que están a ter máis difícil o acceso ao mercado laboral".

Durante a súa participación no evento --no que estivo acompañado entre outras personalidades polo concelleiro de Emprego, Alberto Lema, así como o reitor da UDC, Julio Abalde, María Jesús Freire, do Observatorio Ocupacional da UDC e María José Guerra, da Fundación Mujeres-- o primeiro edil destacou que "o obxecto destas xornadas pasa por que, a partir de aquí, abramos o debate cun dos sectores que debe ser clave no desenvolvemento actual e futuro da cidade e na creación de emprego".  "Somos conscientes de que no sector da innovación e da tecnoloxía existe demanda de emprego, e de emprego especializado", comentou, ao respecto do resultado dos informes. O estudo sobre a Prospección de sectores xeradores de emprego na área metropolitana da Coruña elaborado polo Observatorio Ocupacional da Universidade da Coruña, e que analizou a 600 empresas da contorna indica, entre outras cuestións, que o 32% das empresas TIC demandas novos e novas traballadoras, mentres que no sector da Loxística fano un 23%. A medio prazo, ademais, o 57% das empresas TIC e o 48% das loxísticas necesitarán nova man de obra. De xeito paralelo, o informe da Fundación Mujeres revela que apenas existen mulleres traballando no sector das TIC, "feito ademais vinculado á escasa presenza feminina nas titulacións relacionadas con estas materias".

"Dende os diversos programas de emprego do Concello, nomeadamente Coruña Emprega, e outras ferramentas trataremos de atallar as situacións de desigualdade, e sacar beneficios das necesidades de man de obra de moitas firmas tecnolóxicas", salientou o primeiro edil, que tamén puxo de manifesto as políticas transversais aplicadas polo Goberno local. "Dende que chegamos ao Pazo de María Pita levamos a cabo diversas accións, especialmente coa mocidade, nos que intentamos deixar claro que a masculinización ou a feminización dos sectores profesionais só provoca desigualdades".

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión