Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

29 de junio de 2026

O Concello prepara o proceso participativo do proxecto Coruña Verdea, ideado para naturalizar os espazos públicos dos barrios da cidade

O proxecto, que conta con dous millóns de euros en fondos da Fundación Biodiversidade, comezará en outono coa posta en marcha dos obradoiros creativos coas AAVV, entidades educativas e medioambientais

O Concello avanza na organización dos obradoiros participativos que abrirán camiño ao proxecto Coruña Verdea, unha iniciativa promovida polo Goberno municipal para impulsar a naturalización da paisaxe urbana, que contará con dous millóns de euros en financiación da Fundación Biodiversidade, procedentes de fondos FEDER.

A alcaldesa, Inés Rey, informou hoxe do inicio dos preparativos para informar a veciñanza dos barrios sobre os eixes de acción que sustentan Coruña Verdea: "Queremos escoitar as súas achegas e valoracións, tamén as do tecido asociativo, para que este proxecto sexa o máis colectivo e plural posible".

Nas vindeiras semanas, o Concello ten previsto consensuar coas asociacións veciñais, entidades educativas e medioambientais o calendario de obradoiros creativos e participativos nos que se exporán as diversas propostas incluídas en Coruña Verdea, como a creación de novos corredores verdes e melloras ambientais en parques e espazos protexidos da cidade. Esta rolda de contactos terá lugar nas vindeiras semanas, previsiblemente entre xullo e agosto, coa finalidade de que os obradoiros comecen xa na tempada de outono.

En total, está previsto celebrar seis convocatorias en tres zonas diferenciadas: Monte Alto; Oza- Monelos-Castrillón-Eirís; e a Sagrada Familia. Son os barrios onde se investirán os fondos acadados polo Concello, co obxectivo de que as súas rúas gañen novas áreas verdes e espazos públicos máis osixenados.

"Non é unha cuestión menor. Afrontamos un contexto de cambio climático a escala global e é fundamental que as Administracións públicas traballemos de forma conxunta para que as cidades sexan máis habitables neste sentido. Isto pasa por coidar os pulmóns verdes cos que xa contamos, mais tamén por actuar no conxunto da cidade para facela medioambientalmente máis sostible, especialmente en barrios máis compactos polos desenvolvementos urbanísticos do pasado. Porque gañar máis arboredo e áreas verdes é sinónimo de saúde e benestar para a veciñanza", expuxo Rey.

Neste sentido, un dos puntos fortes que valorou a Fundación Biodiversidade á hora de puntuar o proxecto Coruña Verdea foi precisamente a implicación de diversas AAVV e entidades veciñais da cidade, moitas das cales asinaron cartas de apoio á iniciativa, resaltando a necesidade de naturalizar barrios e gañar máis verde no canto do gris.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión