3 de octubre de 2020
Serán catro concertos de balde no Pazo da Ópera e no centro Ágora, que completarán a actividade cultural na primeira quincena de outubro
O ciclo Músicas de Outono comezará hoxe cun concerto de Esteban Batallán e a Orquestra de Cámara Galega ás 20.30 horas no Pazo da Ópera, en que o público poderá desfrutar de balde da calidade desta formación. O concello quere reforzar así o compromiso co sector cultural de proximidade e ofrecerá ata catro citas gratuítas nesta primeira quincena de outubro. A seguinte será o día 9 coa posta en escena de Garufa Blue Devils Big Band e Sito Sedes tamén no Pazo da Ópera e o día 10, a Orquestra Gaos ofrecerá "Musicais". Por último, o barítono Borja Quiza estará con "You Must Remember This" o 12 de outubro, no centro Ágora. As persoas interesadas poden reservar as súas invitacións na páxina web https://corunacultura.sacatuentrada.es.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible