25 de abril de 2025
A actividade inclúe charlas nos centros cívicos do Castrillón, Eirís e Monte Alto, a partir do próximo día 29 de abril
Con motivo da posta en marcha dos tres novos composteiros comunitarios que darán servizo, a partir da semana que vén, nos barrios do Castrillón, Eirís e Monte Alto, o Concello programou seis charlas informativas nos centros cívicos dos tres distritos.
"As sesións dividiranse en dúas partes: haberá unha parte informativa no centro cívico e logo realizarase unha visita ao composteiro para que a veciñanza poida resolver as súas dúbidas e coñecer o novo equipamento", explica a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira. "Ademais, entre as persoas asistentes á sesión repartiranse caldeiros de compostaxe para facilitarlles o labor e que a recollida de orgánico leve e cabo nas mellores condicións", indicou.
Os horarios e datas das sesións informativas son os seguintes:
Centro Cívico do Castrillón
Centro Cívico de Monte Alto
Centro Cívico de Eirís
Os composteiros están situados a unha distancia máxima de 8 minutos a pé desde o centro cívico no que se imparte a charla.
As persoas interesadas en asistiren ás sesións informativas poden anotarse nos centros cívicos.
A compostaxe comunitaria consiste en empregar os residuos orgánicos xerados na casa para facer compost de calidade na proximidade dos fogares. A compostaxe realízase de forma controlada co apoio de mestres composteiros, que serán os encargados de que se realice correctamente vixiando parámetros como a humidade, a temperatura e o aireado do proceso de compostaxe na procura de aumentar a calidade do compost final.
Os novos centros de compostaxe comunitaria están formados por unidades modulares dun metro cúbico, onde se desenvolverán as distintas fases do proceso de compostaxe. Ademais, a carón deste, existirá unha caixa con restos de podas do servizo de xardíns (axente estruturante) para que a cidadanía poida recoller esta materia seca coa que cubrir os seus biorresiduos.

24 de junio de 2026

22 de junio de 2026

18 de junio de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible