Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

14 de diciembre de 2023

O Concello promove a reconversión do antigo concesionario de Conde Medín, na avenida do Ferrocarril, nun edificio administrativo municipal

O Pleno tamén aprobou definitivamente o estudo de detalle correspondente á parcela 2 do Plan Especial de Reforma Interior (PERI) da Maestranza, na contorna da avenida do Metrosidero

O Salón de Sesións do Palacio Municipal de María Pita acolleu este xoves o Pleno ordinario do mes de decembro, no que se aprobou, por unanimidade, o cambio de uso da parcela onde está localizado o antigo concesionario de Conde Medín, na avenida do Ferrocarril, que pasará a ter unha calificación urbanística de equipamento público cun uso dotacional administrativo.

Neste sentido, o obxectivo do Goberno de Inés Rey é que o inmoble pase a ser un novo edificio de titularidade municipal destinado precisamente a usos administrativos.

O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, lembrou esta mañá que, xa na sesión plenaria de outubro, se aprobou de forma definitiva a modificación puntual do PXOM no ámbito do POL O30.2 da avenida do Ferrocarril, "modificación que vén acompañada dun convenio urbanístico coa propiedade que lle vai permitir ao Concello obter unha zona verde duns 3.000 metros cadrados, 4.680 metros cadrados de viario e terreos dentro da futura estación intermodal, e unha nova parcela de equipamento público de 2.800 metros cadrados que se corresponde, precisamente, co antigo concesionario de Conde Medín".

O inmoble, dos anos 50, ten un alto valor arquitectónico como peza de arquitectura industrial da cidade. Tendo en conta isto, "así como a necesidade de conservarlo na súa totalidade" -apuntou Díaz Gallego-, "pola súa localización, moi asociada á nova estación intermodal e ás vías de acceso á cidade, pode ter futuro como edificio público administrativo", expuxo.

A este respecto, o acordo aprobado hoxe no Pleno estipula o cambio de uso dunha superficie de 440,81 metros cadrados da parcela correspondente ao antigo concesionario, calificados ata a actualidade como viario local público, e que pasan a ter unha calificación urbanística de equipamento público de carácter administrativo.

Luz verde ao estudo de detalle da parcela 2 da Maestranza

Dando continuidade aos asuntos incluídos na parte resolutiva do pleno, este xoves aprobouse definitivamente o estudo de detalle correspondente á parcela 2 do Plan Especial de Reforma Interior (PERI) da Maestranza, un terreo en forma de 'Z' situado entre a rúa Campo da Estrada e a avenida do Metrosidero, na contorna do cuartel militar de Atocha.

Neste ámbito específico, que ten unha superficie de 1.353 metros cadrados, a promotora ten previsto edificar un inmoble con planta baixa e cinco alturas, que estaría acaroada á edificación lindeira e tapar as medianeiras existentes.

Cómpre lembrar que, no pasado mes de novembro, presentouse o último documento correspondente ao estudo de detalle en cuestión, con todas as modificacións solicitadas polos informes sectoriais, informes municipais e froito das tres alegacións emitidas durante o período de exposición ao público -parte das cales foron estimadas parcialmente-. A este respecto, "o documento aprobado hoxe no Pleno conta co informe favorable de Costas do Estado, Costas de Galicia e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural", destacou o concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión