Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

15 de junio de 2022

O Concello promove a XI edición do Encontro Artes pola Integración con variedade de espectáculos esta fin de semana

O proxecto, que ten como obxectivo a inclusión social a través das artes, repartirá a súa programación no Fórum Metropolitano, os xardíns de Méndez Núñez e a praza de Azcárraga

A Coruña acolle desde este venres, 17 de xuño, o undécimo Encontro Artes pola Integración, un proxecto que ten como obxectivo romper as barreiras entre artistas con e sen diversidade funcional e achegar ao público espectáculos que fomentan a inclusión social a través das artes. Nesta edición, ofreceranse espectáculos no Fórum Metropolitano, os xardíns de Méndez Núñez e a praza de Azcárraga.

Na presentación do festival, a concelleira de Benestar Social Igualdade e Participación, Yoya Neira, subliñou o apoio do Goberno municipal de Inés Rey a iniciativas que contribúen a un mellor coñecemento, recoñecemento e posta en valor da achega que as persoas con diversidade funcional realizan en todos os ámbitos, e en especial no campo das artes. "É a undécima edición deste encontro, que se realiza ademais en espazos públicos de referencia da cidade, e estamos orgullosos de contribuír á súa permanencia e ao seu aumento de calidade ano tras ano", engadiu.

O evento arrincará no Fórum Metropolitano o venres 17 de xuño coa presentación do festival a cargo da actriz María Vázquez. Posteriormente, haberá dúas representacións teatrais: unha peza curta coa colaboración do festival Escena Móbile de Sevilla e, a continuación, a obra 'No confieso', dirixida polo actor Javier Colado e Alma García. Esta primeira xornada chegará á súa fin con Organik Dantxa e a obra de danza inclusiva 'Arnasa', ideada e dirixida por Natalia Monge.

O sábado 18 de xuño o evento trasládase a uns xardíns de Méndez Núñez onde, ás 11.00 h da mañá, comezará a Asemblea Diversa, onde se coñecerán os proxectos seleccionados por Cultura Inclusiva da Fundación Emalcsa e distintas persoas expertas expoñerán experiencias clave no ámbito das artes e a diversidade. Na xornada de tarde, ás 17.00 horas, poderemos asistir á presentación de "La pequeña Bauhaus", marca deseñada por nenos, nenas e adolescentes con e sen diversidade funcional. Ás 18.00 horas, a compañía de danza integrada do Colexio O Pelouro de Tui, Eudanza, representará a obra 'La danza del yo', dirixida por Laura Llauder. A segunda xornada do Encontro Artes pola Integración finalizará a partir das 19.00 horas coa representación de 'No me toques el secreto', de Experimentadanza.

A cita coas artes e a inclusión chegará á súa fin o domingo 19 de xuño ás 17.00 horas na praza de Azcárraga coa representación dunha peza curta gañadora do festival Escena Móbile de Sevilla seguida dunha sesión do DJ francés Pascal Kleiman.

O Encontro Artes pola Integración conta co apoio do Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, o INAEM (Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música), Gadis e Estrella Galicia.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión