28 de septiembre de 2023
No que vai de ano, o servizo municipal de Infraestruturas acometeu no barrio dúas intervencións destas características. A anterior levouse a cabo na área de xogos do parque Carlos Casares
O Concello da Coruña, a través da Área de Economía e Planificación Urbana, reabriu este xoves o parque infantil situado entre as rúas Vila de Cambre e Ángel Rebollo, no barrio de Monte Alto, onde xa remataron os traballos de mellora que comezaron a finais do pasado mes de agosto.
A intervención, a grandes rasgos, supuxo a renovación integral do firme de caucho da área de xogos infantís de Vila de Cambre, co obxectivo de reforzar a seguridade e comodidade das pequenas e pequenos.
Desta forma, o Goberno de Inés Rey avanza na revisión, mantemento e mellora dos parques infantís dos barrios da cidade. No caso concreto de Monte Alto, ademais de en Vila de Cambre, xa se executaron traballos na área de xogos infantís do parque Carlos Casares.
O Goberno municipal continúa co plan de melloras nos parques infantís
O plan de melloras nos parques infantís promovido polo Goberno de Inés Rey avanzou durante o pasado verán coa remodelación das instalacións de xogo situadas en Vioño, na praza Casares Quiroga (Elviña), na praza de Pontevedra e na rúa Ribeira Sacra (Novo Mesoiro). En todas elas finalizaron xa os traballos para introducir novos xogos inclusivos e crear prazas adaptadas para nenas e nenos con mobilidade reducida.
A este respecto, o Concello ten previsto avanzar nesta mesma liña de actuación no parque infantil da praza Elíptica (Os Rosales), onde comezará proximamente a instalación dun carrusel adaptado similar ao que xa está disposto na área de xogos infantís dos xardíns de Méndez Núñez.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible