Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

9 de febrero de 2021

O Concello recollerá as achegas da cidadanía sobre a transformación dos peiraos

A alcaldesa, Inés Rey, valorou o cambio de postura da Autoridade Portuaria e lembrou a xuntanza que convocou o 23 para abordaren entre todas as administracións implicadas os usos dotacionais destes terreos, a recuperación desta parte da cidade ou cuestións de mobilidade

O Concello abrirá esta semana un espazo exclusivo na súa web municipal en que a veciñanza poderá consultar o documento que o Goberno local lle encargou á Universidade da Coruña, para a transformación dos terreos portuarios, e deixar as súas propostas, suxestións, dúbidas e comentarios. A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que neste proceso de transparencia e participación cidadá se activará un formulario para agrupar todas as achegas "de cara a construírmos conxuntamente o futuro da Coruña". Afirmou que para levar adiante un proxecto tan importante para a cidade "temos que contar con todas as opinións" e que polo tanto esta tarefa non atinxirá exclusivamente ao persoal técnico e experto urbanista, senón tamén "ás distintas entidades e colexios profesionais e mais as asociacións veciñais e particulares que así o consideren".

A rexedora valorou o cambio de postura da Autoridade Portuaria con respecto do espazo portuario interior e lembrou a xuntanza que convocou o Concello para o día 23 con todas as administracións implicadas e que servirá para abordaren os usos dotacionais que se lle darán a estes terreos, a recuperación case inmediata desta parte da cidade, as solucións de aparcamento na zona e outras cuestións de mobilidade.

Con ese espírito de consenso, sinalou que chamaron os distintos axentes a se sentaren na mesa en dúas semanas para analizar polo miúdo temas importantes dos que se leva moito tempo falando, como son a conexión ferroviaria a Punta Langosteira, sobre como afrontar a débeda do Porto e o desenvolvemento da Coruña coa desafectación dos peiraos. "Todas as reunións son positivas e a vontade das administracións vai por esa liña: a de intentar poñer sobre a mesa os puntos en común para traballarmos pouco a pouco as diferenzas pensando no futuro da cidade", asegurou Rey.

Doutra banda, o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, trasladoulles hoxe as liñas principais do proxecto da UDC aos axentes económicos e sociais como outro dos eixos que constituirá o proceso participativo.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión