27 de febrero de 2019
Unha ofrenda floral á escritora e un percorrido polas rúas do centro urbano formarán parte da programación
O Entroido da Coruña recupera os tradicionais Xoves de Comadres. O goberno local, a proposta dun grupo de mulleres que forman parte das comparsas da cidade, inclúe na programación municipal unha xornada de encontro e homenaxe á memoria e ao papel feminino na celebración do carnaval. "Queremos que esta tradición se espalle de novo, e que os Xoves de Comadres sexa un lugar de encontro de mulleres, un tempo no que camiñemos as rúas rindo, cantando, bailando libres e felices", sinala o colectivo de Comadres Cigarreiras. "Aspiramos a encher este día cun contido de vindicación dos nosos dereitos, de igualdade, do noso patrimonio cultural, homenaxeando as donas da nosa historia que, coa súa contribución desde diferentes ámbitos fixeron que nós, as mulleres de hoxe, sexamos máis libres", indican. Con este obxectivo, esta xornada renderá homenaxe á novelista coruñesa Emilia Pardo Bazán, quen na súa obra La Tribuna narra a celebración do Entroido por parte das traballadoras da fábrica de tabacos.
O Xoves de Comadres comezará ás 20.00 horas, cun encontro de mulleres no Obelisco. Desde alí, o grupo dirixirase cara ao monumento de Emilia Pardo Bazán, nos xardíns de Méndez Núñez. Neste punto lerase un manifesto preparado para a ocasión e un soneto de Emilia Calé que lle dedica á propia Pardo Bazán. A continuación, as mulleres das comparsas da Coruña cantarán unha serie de pezas e, de seguido, contra ás 21.30 horas, dirixiranse cara á praza de María Pita , punto no que renderán homenaxe á heroína.
A celebración do Entroido continuará o venres 1, xornada na que se dará inicio á celebración oficial coa entronización do Deus Momo no Obelisco. A partir das 19.00 horas comezarán os pasacallles polo centro da cidade, da man de Viravolta Títeres e a Charanga Fanfarria Taquikardia. De seguido, contra ás 19.30 horas, terá lugar a ofrenda floral a Nito e ás 21.00 horas celebrarase o acto de entronización, no que participarán as agrupacións gañadoras do concurso de comparsas, na categoría de melodía e letra, celebrado o pasado domingo 24 no Pazo da Ópera. Toda a programación do Entroido pódese consultar no web municipal www.coruna.gal.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible