11 de septiembre de 2026
A programación combinará obras mestras da historia do cinema e encontros con destacadas figuras da cultura contemporánea
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou esta mañá a primeira edición de Colón Cinema, unha nova proposta cultural que converterá o Teatro Colón nunha gran sala de cinema entre os meses de setembro e decembro. O ciclo, dirixido por Javier Trigales, reunirá sete películas fundamentais da historia da sétima arte en versión orixinal subtitulada, acompañadas de coloquios posteriores con recoñecidas personalidades do ámbito cultural.
A iniciativa nace coa vocación de ofrecer ao público a oportunidade de revisionar no gran formato da pantalla cinematográfica algunhas das obras máis influentes da historia do cinema, ao tempo que promove o diálogo e a reflexión a través de conversas abertas con creadoras e creadores de disciplinas diversas. Ademais, con este ciclo, o Goberno de Inés Rey busca recuperar o uso coma sala de proxeccións do Teatro Colón.
Durante a presentación, Gonzalo Castro destacou a importancia de seguir ampliando a programación cultural municipal con propostas innovadoras. "Desde o Goberno de Inés Rey queremos que os nosos equipamentos culturais sexan espazos vivos e abertos a múltiples disciplinas. Colón Cinema permite recuperar grandes clásicos do cinema, pero tamén crear un espazo de encontro arredor da cultura contemporánea e do pensamento crítico", sinalou.
O ciclo permitirá contemplar obras de cineastas fundamentais como David Lynch, Luis García Berlanga, Andrei Tarkovski, Kenji Mizoguchi, Charles Chaplin, Ingmar Bergman e Agnès Varda, configurando un percorrido por distintas épocas, estilos e tradicións cinematográficas. Cada proxección estará acompañada por unha conversa posterior cunha persoa convidada vinculada ao mundo da cultura. Participarán o debuxante e autor de banda deseñada David Rubín, a artista Samantha Hudson, a escritora e crítica de arte María Von Touceda, o escritor Antonio Muñoz Molina, a actriz e bailarina Janet Novás, o crítico cinematográfico e director do CCCB Jordi Costa e a fotógrafa da axencia Magnum Lúa Ribeira.
"Estamos ante unha proposta singular que establece pontes entre o cinema e outras disciplinas artísticas. Os coloquios permitirán achegar novas lecturas e perspectivas sobre películas que continúan dialogando co presente décadas despois da súa estrea", indicou Castro. Todas as sesións celebraranse ás 19.30 horas, agás a proxección de 'Sin techo ni ley', que terá lugar o domingo 20 de decembro ás 19.00 horas.
Programación de Colón Cinema

10 de septiembre de 2026

10 de septiembre de 2026

9 de septiembre de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible