Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de septiembre de 2026

O Concello recuperou o 60% da superficie ocupada por plantas invasoras na contorna da Torre de Hércules

Cúmprense 100 xornadas dunha iniciativa clave para a protección do ENIL na que participaron máis de 2000 voluntarios

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, participou na xornada número 100 de retirada de plantas invasoras no Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Torre de Hércules, unha iniciativa impulsada polo Concello da man do Grupo Naturalista Hábitat. Na xornada colaboraron medio cento de alumnos e alumnas de 6º de primaria do CEIP Víctor López Seoane. Esta acción forma parte das medidas impulsadas polo Goberno de Inés Rey para a recuperación e coidado das contornas naturais e protexidas da cidade. 

Durante este centenar de xornadas, nas que participaron máis de 2.000 voluntarios, retiráronse máis de 90.000 quilos de Carpobrotus spp (unlla de gato) e recuperouse para as especies autóctonas o 60% da superficie ocupada por esta especie invasora.

A edil de Medio Ambiente subliñou que a retirada de plantas invasoras cumpre cunha dobre función: "É imprescindible para a protección do ENIL e a recuperación de especies autóctonas coma o toxo, o breixo ou a herba de namorar e tamén, grazas ao programa de voluntariado que coordina Hábitat con centros escolares e entidades sociais convértese nunha ferramenta de divulgación e concienciación da conservación da nosa contorna", explicou.

Pola súa banda, o responsable de Hábitat Andrés Pereira, agradeceulle ao Concello e á cidadanía o seu compromiso na conservación do patrimonio natural da cidade e destacou que os traballos na contorna do faro romano, alén de xerar un beneficio ambiental, "promoven valores sociais como o traballo en equipo e o desenvolvemento de actividades en contacto directo coa natureza".

A contorna de la Torre de Hércules declarouse ENIL de forma provisional a comezos de 2020. En maio do ano pasado formalizouse a declaración definitiva coa aprobación dun Plan de Conservación que regula o uso das 40 hectáreas protexidas (desde a praia das Lapas ata Durmideiras) baixo a premisa de facer compatible o uso cidadán coa máxima protección da biodiversidade.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión